Sirya: a calor do verán empeora as condicións dos nenos

UNICEF continúa traballando dentro de Sirya e nos países veciños para subministrar auga, hixiene e saneamento de xeito continuo

As altas temperaturas do verán, o amoreamento e a deterioración das condicións hixiénicas son as novas ameazas ás que se enfrontan uns 4 millóns de nenos afectados polo conflito de Sirya.

 
"Sen suficiente auga potable e saneamento, aumenta a probabilidade de que os nenos que se encontran en Sirya e os que viven como refuxiados na rexión, enfermen de diarrea e outras enfermidades", dixoMaria Calivis, Directora Rexional deUNICEF para Oriente Medio e o Norte de África.

En Sirya, só ten acceso a auga potable unha terceira parte da poboación que o tiña antes da crise. Moitos dos máis de 4,25 millóns de sirios desprazados viven amoreados en refuxioscon acceso insuficiente a servizos sanitarios e duchas. Así mesmo, os sistemas de rede de sumidoiros están danados ou colapsados polo aumento das poboacións desprazadas.

En campamentos de refuxiados como Domiz(Iraq), con capacidade para 25.000 persoas aínda que acolle a 50.000, as condicións son tamén difíciles. E no campamento de Za'atari, en Xordania, as axencias humanitarias están a loitar por cubrir as necesidades do que hoxe é o segundo maior campamento de refuxiados do mundo, que acolle unhas 120.000 persoas.

EnLíbano, máis de medio millón de refuxiados encóntranse dispersos nas comunidades de acollida e nos asentamentos informais levantados con tendas de campaña, saturando aínda máis os servizos de auga e saneamento existentes.

Moitas familias comparten pequenos apartamentos ou viven en asentamentos improvisadossen acceso a auga potable, servizos sanitarios básicos e recollida de residuos. A miúdo as mulleres e os nenos teñen que percorrer a pé longas distancias para recoller auga que, en moitos casos, nin sequera é potable.
 

AxUDA PARA 9 MILLóNS DE PERSOAS

A medida que se recrúa o conflito aumentan os movementos de poboación, polo que UNICEFestá a intensificar o seu traballo para subministrar auga, saneamento e hixiene. No que vai de ano, UNICEF apoiou case 9 millóns de persoas. Outros dos logros alcanzados son:
 
  • Instalación de novosxeradores e reparación de sistemas de subministración de auga e plantas potabilizadorasdentro de Sirya, mesmo nas zonas onde se produciron intensos combates.
  • No campamento de Za'atari, UNICEF e os seus aliados subministran cada día máis de 4 millóns de litros de auga, ao tempo que rehabilitan as infraestruturas de subministración de auga e as redes de distribución das cidades próximas.
     
  • Instalación das infraestruturasnecesarias para garantir a auga no novo campamento de refuxiados enAzraq, tamén en Xordania.
     
  • En Líbano, no que vai de ano,UNICEF e os seus aliados do sector de auga, hixiene e saneamento distribuíron case 100.000 kits de hixiene persoal, como xampú, xabón e deterxente a máis de 430.000 persoas.

FALTA DE FONDOS

A falta de fondos segue sendo un problema. "A subministración de auga, hixiene e saneamento aos afectados pola crise é a partida máis custosa, e unha das que conta con menos fondos", dixo Calivis.

UNICEF necesita máis de 200 millóns de dólares (uns 151,5 millóns de euros) para continuar cos seus programas de auga, hixiene e saneamento en Sirya, Líbano, Xordania e Iraq ata finais de ano. A punto de chegar a mediados de ano, aínda faltan 124 millóns de dólares (case 94 millóns de euros) para poder chegar ao obxectivo previsto.