Sahel: loita contra a desnutrición en Chad

En Chad 127.000 nenos están en risco de morte por desnutrición aguda grave como consecuencia da crise  alimentaria que está a sufrir a rexión de Sahel.

"Adesnutrición grave está directamente relacionada coa mortalidade. Isto significa que se non facemos nada, estes nenos morrerán", afirma o Oficial de Nutrición de UNICEF en Chad, Roger Sodjinou. A comezos de abril, Chad entrou na "tempada de carestía", un período no que os nenos están en grave risco de desnutrición debido á escaseza de alimentos. Proporcionar aos nenos afectados un simple suplemento nutricional podería previr a desnutrición.

chegar a todos os nenos para previr a desnutrición

UNICEF apoia os esforzos do Goberno de Chad paraloitar contra a desnutrición. En abril lanzou un programa para distribuír suplemento nutricional a 200.000 nenos entre os 6 e os 23 meses. É a operación máis grande de UNICEF para previr a desnutrición en Chad. Nesta operación, UNICEF tamén distribuirá xabón para a hixiene das familias e proporcionará medicamentos antiparasitarios evitamina A os nenos.UNICEF traballa estreitamente co Ministerio de Saúde Pública para formar os traballadores da saúde. "Isto axudaranos a previr e reducir a desnutrición, cuxa taxa está a un nivel moi alto," explicou Abakar Mallaye, traballadora da saúde e líder do equipo para a distribución de suplemento nutricional.  

o reto: chegar aos nenos das áreas máis remotas

Esta operación supón un verdadeiro desafío loxístico para UNICEF, xa que busca chegar ás áreas máis remotas. Para iso, identificáronse as poboacións máis afectadas, algunhas das cales están a centos de quilómetros de distancia dos puntos de distribución máis próximos. "As poboacións ás que imos son realmente inaccesibles, en moitas ocasións os vehículos quedan bloqueados na area ou atascados no barro", explica Mallaye.UNICEF tamén garante asubministración de alimentos terapéuticos listos para usar, leite terapéutico e medicamentos esenciais para o tratamento de nenos con desnutrición severa. A loita contra a desnutrición dos nenos vulnerables en Chad e en todos os países de Sahel afectados pola crise alimentaria é unha prioridade para a organización.