Regalos que chegan moi lonxe

Xa chegou o frío outonal e, como cada ano, UNICEF presenta o seu novo catálogo de produtos e tradicionais tarxetas de Nadal. Este catálogo ofrece a posibilidade de facer regalos únicos, valiosos e que marcan a diferenza; regalos que chegan moi lonxe.

Co diñeiro obtido por cada tarxeta e cada regalo, contribúese á supervivencia e o desenvolvemento dos nenos. Cando compra un chaveiro apóiase a UNICEF no seu labor de protexer os nenos da polio, ou cando se adquire unha cunca contribúese a proporcionar auga potable a toda unha familia.

UNICEF traballa incansablemente dende hai máis de 60 anos para garantir un mellor inicio na vida para todos os nenos e nenas do mundo. E todas as contribucións a UNICEF permiten alcanzar éxitos clave na vida da infancia.

Coa compra de produtos e tarxetas UNICEF contribúese a proporcionar un ámbito seguro á infancia máis vulnerable; subministrar auga potable e saneamento; ofrecer acceso á educación básica para os nenos e nenas, ou axudar a manter un compromiso constante para loitar contra o VIH/SIDA.
  

 []

O catálogo de produtos está dispoñible en  tienda.unicef.es e nas oficinas de UNICEF en Barcelona, Tarragona, Lleida e Girona.

Tamén se poden encontrar na tenda do Centro Comercial Pedralbes Centre de Barcelona e nos seguintes puntos comerciais de toda Cataluña: Abacus, Carrefour, Plusfresc, Valvi, Alcampo, Correos e El Corte Inglés. 

Descobre como detrás dun regalo podes encontrar moitos regalos máis.