Protexer os nenos tras as inundacións en Brasil

As inundacións en Brasil causaron máis de 600 vítimas mortais e deixaron sen fogar 15.000 persoas. Trátase do peor desastre natural no país nas últimas décadas.

As choivas torrenciais afectaron aos estados brasileiros de Espírito Santo, Minas Gerais, São Paulo, Goiás e Río de Janeiro, aínda que é moi difícil facer unha estimación exacta dos danos, xa que a destrución de moitas infraestruturas está dificultando o acceso a certas áreas.

"Normalmente, o exército é o responsable de proporcionar refuxios, pero normalmente non teñen condicións especiais para os nenos e adolescentes", dixo a Especialista de UNICEF en Brasil, Francisca Maria Andrade. "Queremos axudar a humanizar os centros de acollida, a proporcionar mellores condicións para os nenos e os adolescentes".

UNICEF listo para axudar

UNICEF está en contacto permanente co Goberno brasileiro e está disposto a axudar no momento no que se lle solicite. A súaprincipal preocupación é a protección e o coidado dos nenos nos refuxios temporais. Por iso, está examinando as formas de avaliación que se deberían utilizar para determinar as necesidades dos nenos e as súas familias nos refuxios e está facendo algunhas recomendacións.

O contacto coas autoridades, básico para o traballo de UNICEF[]

A Presidenta de Brasil, Dilma Rousseff, anunciou a semana pasada que o estado de Río de Janeiro recibirá mil millóns de dólares para previr futuras inundacións. Así mesmo, detallou os esforzos do goberno para rescatar e axudar os damnificados polas inundacións, incluíndo hospitais temporais establecidos polas forzas armadas en Río de Janeiro.

Mentres tanto, UNICEF mantense en contacto coas autoridades locais. "Neste momento estamos esperando a petición do goberno", dixo Andrade. "Queremos axudar".