Prométovos 25 segundos para rematar coa pneumonía

Por Sara Collantes, Responsable de Seguimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) de UNICEF España  

A pneumonía é desas enfermidades que nos resultan relativamente familiares, sobre todo se te moves en ámbitos con nenos pequenos. Eu cada inverno escoito algúns casos de ingresos no hospital por esta enfermidade ou de visitas nocturnas a urxencias cando as toses se tornan demasiado ruidosas...

É verdade que cando mo contan, me xermola un xesto de certa preocupación. Está claro que non é un simple arrefriado. Pero inmediatamente relativízoo e cámbiame a cara: " Cantas veces escoitei eu que morrese un neno do meu ámbito por pneumonía?... Pois nunca! O tratamento que sexa ten que funcionar bastante ben... " Remato desexando que se mellore o fillo da miña amiga, e atrévome a continuar sobre a marcha a conversación por outros rumbos, sen o menor remordemento. Non sei eu se podería seguir a conversación tan alegremente se pensase dúas veces e tomase conciencia de algo que como traballadora de UNICEF sei: quea pneumonía se leva cada ano a vida de 1.300.000 nenos menores de 5 anos en moitas zonas do mundo. Dá vertixe intentar asimilar esta cifra, buscar referencias de colexios, circos, parques con capacidade para tantos nenos... Hoxe, Día Mundial contra a Pneumonía, séntome interpelada dunha forma especial. Non se trata dunha enfermidade calquera. A pneumonía é nada máis e nada menos a primeira causa de mortalidade infantil. Aí vai iso. Trago saliva para intentar dixerir que,cada 25 segundos, o corazón dun neno deixa de latexar por esta causa. 25 segundos, 25 pasos do meu paseo polo parque o domingo pasado. O que tardo en que chamar ao ascensor e baixar á rúa.

A pneumonía non é a típica enfermidade descoñecida ante a que podería sentirme impotente. Está no extremo oposto: é a máis remediable. Pódese tratar con amoxicilina (que recoñezo sen ser sanitaria, teño unha caixa caducada na casa!) e tamén previr, aínda que todo depende de onde vivas, claro.

Nas rexións máis pobres do planeta, moitos nenos non poden conseguir este antibiótico que é tan accesible para nós. Non reciben vacinas contra enfermidades asociadas (como o sarampelo), nin gozan de condicións de vida básicas para impedir que a pneumonía lles arranque a vida: alimentos suficientes e axeitados, acubillo salubre e seguro, auga potable, abrigo... Ás veces, só se trataría de conseguir que as mamás coñecesen que aleitando os seus fillos poden protexelos. Ou estender o uso da amoxicilina, que salvaría máis de 1 millón e medio de vidas infantís en 5 anos.

É posible acabar con estas mortes infantís. Isto teño escrito en moitas ocasións, pero agora repítomo pausadamente a min mesma...De súpeto, descubro que é a ocasión perfecta para facerlle  a  fff  faaaaff   miña promesa aos nenos do mundo. Tíñao pendente... imaxino que por medo a non a cumprir...

Prométovos que cada vez que escoite a palabra pneumonía nunha conversación, vou contar ata 25, calarme en sinal de indignación, explicar por que o fago e pensar nun novo xesto solidario, aínda que sexa pequeno, para rematar con esta causa absurda de mortalidade infantil". Recordaredesmo?