Previr unha segunda crise alimentaria en África

UNICEF aumenta os seus esforzos para previr a segunda crise alimentaria grave en África en menos dun ano.  

O ano pasadoa atención mundial centrouse no Corno de África, onde, a causa da seca e a inestabilidade, máis de 10 millóns de persoas necesitaron asistencia para salvar as súas vidas. Hoxe, unha crise similar, aínda que de menores proporcións, aparece na rexión doSahel en Africa Occidental, ao sur do deserto do Sahara. Nesa zona, necesitarase unha resposta de emerxencia para tratar a máis de 1 millón de nenos menores de 5 anos que se espera que sufran desnutrición aguda severa en 2012.

a desnutrición pode matar

 "O que é importante saber é que a desnutrición pode matar. Cun millón de nenos en situación de risco, necesitamos actuar con rapidez e contundencia para darlles tratamento"dixo David Gressly, Director Rexional de UNICEF para África central e occidental.As alarmas empezaron a soar o ano pasado cando a falta de chuvias provocou unha seca severa en moitas zonas do Sahel, unha rexión que se estende ao longo de oito países en África do Oeste. O país máis afectado é Níxer, onde case 331.000 nenos menores de 5 anos sofren xa desnutrición aguda severa.UNICEF traballa con distintos aliados en cada un dos países afectados para poñer en marcha as respostas necesarias. Estas inclúen dende o transporte de alimento terapéutico ata a contratación de persoal extra, pasando por asegurar a subministración de auga limpa de maneira que os nenos, xa debilitados pola desnutrición, non morran de malaria ou cólera."A clave está en ir por diante da crise. Xa completamos a preparación inicial, e a primeira resposta está en marcha, " dixo Mr.Gressly.A crise política en Libia engadiu máis presión noSahel, incrementando a violencia e o tráfico de armas, en particular en Mali, Mauritania e Níxer, e forzando o retorno á casa de moitos expatriados. "Está a xerar inseguridade, o que provoca desprazamentos de poboación e refuxiados, orixinando así unha segunda crise na rexión, o que complica o traballo e require unha resposta específica" engadiu Mr.Gressly.