Preocupación polas consecuencias da violencia sobre os nenos en Gaza e Sur de Israel

UNICEF expresou esta semana a súa profunda preocupación polas repercusións da recente escalada de violencia sobre os nenos e nenas na Franxa de Gaza e en Israel.

O luns, un neno palestino de 15 anos morreu e outros catro resultaron feridos nunha explosión producida na Franxa de Gaza. O domingo, un neno palestino de 12 anos morreu nun ataque aéreo en Gaza. Ata a data, 14 nenos e nenas palestinos con idades dende 1 ata 17 anos sufriron feridas como consecuencia dos ataques aéreos. Na cidade deGaza producíronse danos menores en dúas escolas. En Israel, un foguete caeu o domingo sobre unhaescola que se encontraba baleiranese momento. As autoridades suspenderon as clasesno sur do país, afectando a 200.000 estudantes israelís."É preciso facer todo o posible para protexer a seguridade e as vidas de nenos e nenas inocentes", dixo Jean Gough, Representante Especial de UNICEF no Territorio Palestino Ocupado. "Exhortamos a todas as partes a que fagan canto estea no seu poder para protexer os nenos e nenas e poñer fin á violencia". Dende o venres pasado, os casos de violencia aumentaron debido aos ataques aéreos israelís sobre Gaza e o lanzamento de foguetes por militantes palestinos cara ao Sur de Israel. O ano pasado, 20 nenos e nenas palestinos e cinco nenos israelís morreron como consecuencia de incidentes relacionados co conflito, e outros 448 nenos palestinos e dous israelís resultaron feridos.