'Peluches para a educación'

Por sétimo ano consecutivo UNICEF, Save the Children e a Fundación IKEA uníronse na iniciativa Peluches para a Educación. Por cada peluche adquirido ata o 5 de xaneiro nas tendas IKEA, a empresa sueca doa 1 € a UNICEF e Save the Children para proxectos de educación infantil en África, Asia e Europa.

Aeducación contribúe a mellorar as condicións de vida e erradicar o círculo de pobreza que sofre a infancia no mundo en desenvolvemento. Neste sentido, a acción de UNICEF céntrase naescolarización da infancia máis vulnerable: nenos orfos, desprazados por desastres naturais ou conflitos armados, nenos de áreas rurais ou remotas, así como os afectados pola pobreza extrema. Ata o próximo 5 de xaneiro, por cada peluche adquirido nas súas tendas, IKEA doa un euro para proxectos de educación infantil. IKEA, Savethe Children e UNICEFpropoñen os peluches e os libros infantís de IKEA para dar a oportunidade a millóns de nenos do mundo a acceder a unha educación de calidade. As tendas IKEA ofrecen unha gama de máis de 60 peluches diferentes cuxo prezo vai dos 0,50 € ata os 24,99 €. Independentemente do prezo do peluche,IKEA doa un euro para a educación, e o mesmo fai con cada menú infantil servido no restaurante.  

Apoiar a educación dos nenos

A doazón que realiza cada ano IKEA a UNICEF e Savethe Children destínase a proxectos de apoio á educación, como a formación de profesorado, o ensino bilingüe, combater a discriminación nas escolas, favorecer o acceso a todos os nenos e a construción e o mantemento de escolas. Dende o seu inicio, a campaña de peluches fixo posible a doazón de35 millóns de euros que permitiron financiar 95 proxectos en 45 países e beneficiado a máis de 8 millóns de nenos de forma directa. Estímase que en todo o mundo hai 67 millóns de nenos que non teñen acceso á educación.