Paquistán: estudar nun campamento de desprazados

UNICEF e os seus aliados están a crear Centros temporais de aprendizaxe nas zonas afectadas polas inundacións en Paquistán co obxectivo de que todos os nenos poidan ir á escola.

Ata o momento, establecéronse 1.300 Centros Temporais de Aprendizaxe, que benefician a case70.000 nenos. O obxectivo é chegar a 4.000 centros nas áreas afectadas.UNICEF encárgase de formar os profesores para traballar nestes centros, que ademais dota de material, como os kits de Escola nunha maleta. Cada un deles contén todo o material necesario para 80 alumnos de educación primaria.Fawad Shah, Oficial de Educación en Emerxencias de UNICEF, destacou anecesidade de que os nenos reciban unha educación axeitada a pesar das circunstancias. "Esta provincia (Sindh) foi testemuña de emerxencias continuas, os nenos xa perderon moitas xornadas académicas, e non queremos que iso volva suceder", dixo. Estamos a tratar de asegurar que a educación continúe, e os nenos teñen tempo abondo para ir á escola. "

Noor Jehan estuda no campamento de Bukhaira

Noor Jehan, de 10 anos, estuda, xunto a outros 59 compañeiros, no Centro de Aprendizaxe Temporal establecida porUNICEF no campamento deBukhaira, na

provincia de Sindh.

"Un, dous, tres, catro," estamos aprendendo a contar, dixo Noor. "A educación aquí é boa, mellor que a escola do pobo". A súa profesora, Shireen, considera que os nenos que asisten á escola do campamento están máis dispostos a aprender e a participar en actividades académicas e recreativas." Os materiais de aprendizaxe e recreativos proporcionados porUNICEF están a funcionar", afirma. "É máisdoado ensinar con estesmateriais, xa que vos nenos se implican máis". As familias afectadas polas inundacións desprazáronse ao campamento de Bukhaira despois de que os niveis da auga subisen en Tando Allahyar, enSindh, un dos distritos afectados polas inundacións. O campamento alberga actualmente 350 familias desprazadas. As organizacións humanitarias proporcionan refuxio, alimentos, auga potable e medicinas.

Despois de perder as súas escasas pertenzas nas inundacións, a única satisfacción para os pais de Noor é que a súa filla está a recibir unha educación de calidade na escola do campamento. "Está moi ben que poida estudar aquí", dixo a súa nai, Mitha Sumar. "Somos xente pobre e non temos nada. Esta escola construíuse para os nenos, o cal é bo xa que poden estudar no campamento,".