Os gobernos deben asegurar que os nenos teñan unha educación de calidade en Oriente Medio e Norte de África

Declaración de Shahida Azfar, Directora Rexional de UNICEF para Oriente Medio e Norte de África, sobre educación na rexión

A medida que millóns de nenos están a volver á escola este mes, UNICEF insta as autoridades nos países afectados polo conflito en Oriente Medio e Norte de África a asegurarse de que os nenos teñan acceso libre, igualitario e seguro a unha educación de calidade.

Aeducación é un dereito de todo neno e adolescente e é unha obriga para osgobernos. A pesar do progreso nos últimos anos,aínda hai 4,7 millóns de nenos e nenas en idade escolar e 4,3 millóns de adolescentes en todo Oriente Medio e Norte de África que están fóra da escola. Os disturbios actuais, xa sexan en Libia, Sirya ou Iemen, ameazan con privar aínda máis aos nenos dun dos seus dereitos máis fundamentais. En Libia, as escolas primarias reabriron as súas portas o 17 de setembro nalgunhas partes do país, mentres que as secundarias abrirán en dúas semanas. UNICEF está a traballar de forma coordinada co Ministerio de Educación para garantir que se reabran as escolas nas zonas non conflitivas. Trátase dun reto moi significativo tendo en conta que moitas aulas resultaron danadas, máis de 21 escolas foron destruídas e algunhas están aínda ocupadas polos desprazados ou os grupos armados. A existencia de minas antipersoa, municións abandonadas e artefactos explosivos sen detonar segue constituíndo unha seria ameaza para os nenos, ao que se une a presenza xeneralizada de armas pequenas, empuñadas ás veces por adolescentes. UNICEF e os seus aliados están a traballar para despexar as escolas destes remanentes de explosivos.  

EnSirya, UNICEF insta o Goberno a asegurar que o novo ano escolar, que comezou o 18 de setembro, se desenvolva dentro dun ambiente seguro e protector para os nenos e adolescentes. Deberíase dar continuidade durante o novo ano académico a actividades comoclub escolares e clases de recuperación, que  implementáronse con éxito enDaraa durante o verán, co apoio deUNICEF. Os disturbios en Iemen provocaron que os nenos perdesen dous meses de clase durante o pasado ano escolar. Os informes sinalan que se bombardearon escolas ou usáronse como instalacións militares. En Aden eLahj, máis de 80 escolas continúan ocupadas por desprazados internos. As clases continuáronse oficialmente o 17 de setembro e aínda hai moitos informes afirmando que as escolas non van poder reabrir, incluíndo 44 escolas ocupadas polas forzas armadas en Sanaa.

UNICEF recorda os países afectados polo conflito que a Resolución 1998 do Consello de Seguridade daONU recoñece asescolas, xunto cos hospitais,como refuxios seguros e pide as partes que atacan estas instalacións que rendan contas.

En tempos de inestabilidade ou conflito, ir á escola axuda aos nenos e adolescentes a manter o sentido da rutina, ensínalles importantes habilidades para as súas vidas e ofrécelles a oportunidade de recibir servizos esenciais, incluíndo saúde, hixiene, nutrición e apoio psicosocial. A educación é unha forza para o cambio social e un medio importante de promover principios para a resolución de conflitos, tolerancia e equidade- principios que se necesitan máis que nunca nestes tempos críticos".

Shahida Azfar, Directora Rexional de UNICEF para Oriente Medio e Norte de África