Orizonia e UNICEF España asinan un acordo para a protección da infancia

O grupo de turismo ORIZONIA Corporación asinou un acordo de colaboración con UNICEF España para a protección da infancia e a promoción dos seus dereitos fundamentais. Todas as divisións do grupo Orizonia subscribiron este acordo, que ten por obxecto a implementación do Código ECPAT contra a Explotación Sexual Infantil Comercial e a sensibilización e captación de fondos entre os seus clientes.

A partir deste acordo, os clientes da liña aérea Orbest, do servizo de receptivos Smilo, os Tour operadores Iberojet, Kirunna,Solplan, VIVA, Condor e Orizonia Life, as axencias de Viaxes Iberia e os Hoteis Luabay poderán participar nas accións de sensibilización e mobilización de recursos que se leven a cabo a favor dos programas de protección da infancia de UNICEF, engadindo 1 € na súa reserva de viaxes ou aloxamentos. Ademais Orizonia, comprometeuse a implementar o Código ECPAT en todas as súas divisións, un código de conduta ao que se adscribiron organizacións e persoas individuais co obxectivo de traballar pola eliminación da prostitución infantil, a pornografía infantil e o tráfico de nenos e nenas con fins sexuais.  

Código ECPAT para loitar contra a explotación sexual infantil

O código de conduta ECPAT está promovido por UNICEF e aOrganización Mundial do Turismo (OMT), entre outras organizacións e ata o momento máis de 1.000 empresas de 42 países asinárono. As empresas que o subscriben comprométense a establecer unhapolítica ética corporativa contra a explotación sexual comercial de nenos e adolescentes, a introducir unhacláusula nos contratos con provedores establecendo o seu rexeitamento e a proporcionar información aos turistas por medio de catálogos, folletos, vídeos durante os voos, etiquetas nos billetes ou páxinas web.Álvaro Vázquez, Director Xeral de Recursos Humanos e RSC de Orizonia, afirmou que "a subscrición deste acordo con UNICEF España reflicte a toma de conciencia por parte do noso grupo do enorme compromiso cara á sociedade inherente a unha compañía do noso perímetro, e transcende a mera asociación da imaxe da nosa matriz coa defensa da infancia para implicar activamente o noso equipo de 5.000 persoas e a todas as nosas divisións". Para UNICEF, o sector turístico é prioritario pola súa presenza en países nos que traballa polos dereitos da infancia e por iso poden ser uns aliados fundamentais na loita contra a explotación infantil.