Obra Social "laCaixa" apoia mozos vulnerables en Burundi

Burundi é un dos países máis pobres de África, cunha poboación de máis de oito millóns de persoas dos que un 60% son nenos e adolescentes.

Cunha taxa de matriculación en educación secundaria que non supera o 10%, a xuventude crece sen perspectivas de conseguir un emprego.

Para reducir a vulnerabilidade dos mozos de Burundi e contribuír ao desenvolvemento social e económico deste país africano, a Obra Social "aCaixa" financiará un proxecto deUNICEF de inserción laboral que beneficiará directamente a 535 mozos.Desenvolveranse programas de formación, reforzo escolar, aprendizaxe de oficios e formación na xestión de microproxectos, entre outros.


Os principais destinatarios deste proxecto son os mozos máis vulnerables de tres áreas rurais da provincia de Bururi (Burundi), concretamente na Comuna Rumonge centro e Kizuka, a Comuna Bururi e a Comuna Mugamba.


UNICEF e Fundación "a Caixa" asinaron en xaneiro un novo convenio de colaboración, nun acto no que tamén se subscribiron acordos conSave theChildren e Fundación CODESPA.