O reto para 2015: lograr unha xeración libre de SIDA

Un sorriso radiante ilumina o rostro de Agness Chabú mentres abraza ao seu fillo Lackson, de 23 meses de idade, na súa casa de Zambia.

Agnes ten un bo motivo para sentirse alegre. Os traballadores sanitarios confirmáronlle que o seu fillo está libre de VIH/SIDA tras meses de coidados para protexelo da transmisión do VIH/SIDA de nai a fillo durante o embarazo, o parto e a lactación.

Historias como a súa son cada vez máis frecuentes no mundo en desenvolvemento, grazas ao crecente apoio, atención e tratamento áspersoas con VIH/SIDA.Hoxe, Día Mundial da SIDA, UNICEF celebra a redución dun 15% o número de novas infeccións nos últimos 10 anos, pero tamén recorda que aínda queda moito traballo por facer. Como destaca Leila Pakkala, Directora de UNICEF en Xenebra: "Mentres que os adultos puideron beneficiarse de tratamentos, coidados e apoio, percibimos que o progreso para os nenos é máis lento". "A cobertura das intervencións para os nenos segue sendo alarmantemente baixa. A través da acción coordinada e as estratexias centradas na igualdade, debemos asegurarnos de que os esforzos globais funcionarán para os nenos tanto como para os adultos".

Campaña Unidos pola infancia. Unidos contra a SIDA

En 2005 UNICEF lanzou a súa campaña Unidos pola infancia. Unidos contra a SIDA para colocar os nenos no centro da resposta aoVIH/SIDA. Hoxe en día, os nenos forman parte do esforzo mundial para facer retroceder a epidemia, pero 3,4 millóns deles aínda están afectados polo virus, con miles de novas infeccións en 2010.

A campaña deUNICEF esténdese ata o ano 2015 e establece unha nova axenda. O seu obxectivo é conseguir unha xeración libre da SIDA, centrando o seu traballo en dous obxectivos de prevención, baseados nun acordo global de ONUSIDA:

  • Eliminar as novas infeccións por VIH entre os nenos
  • Reducir á metade as novas infeccións por VIH entre os mozos

Previr a transmisión do VIH de nai a fillo, a través da intervención médica e o asesoramento como mantivo Lackson, é unha das maneiras máis efectivas de protexer os nenos do virus.

Así mesmo, manter as súas nais libres do contaxio resulta unha das prácticas máis eficientes. Por esta razón, a meta de reducir novas infeccións entre os mozos é tan importante.
Pero o traballo de UNICEF vai máis alá da prevención. A organización tamén apoia a continuidade do coidado dos nenos xa están infectados, así como a protección.

Continuar o esforzo en tempos difíciles

Coa crise económica que afecta ao mundo, a busca dos recursos necesarios para manter o progreso é máis difícil que nunca. Non obstante, a campañaUnidos pola Infancia, Unidos contra a SIDA segue traballando para recordar aos gobernos, os doadores e ao público que se chegou demasiado lonxe para abandonar agora. As vidas como a do pequenoLackson e a súa nai, dependen de todos e recordan canto se logrou e canto máis podemos conseguir se traballamos xuntos.