Malí: o conflito interrompe o acceso á educación de 700.000 nenos

A crise en Malí interrompeu o acceso á educación duns 700.000 nenos, e aínda hai 200.000 que non poden ir á escola tanto no norte coma no sur do país, segundo UNICEF e as autoridades educativas de Malí.

Dende xaneiro de 2012, 115 escolas do norte pecharon, foron destruídas ou saqueadas e mesmo algunhas foron contaminadas con municións sen estalar. Moitos mestres non puideron regresar ao norte, e as xa masificadas escolas do sur non poden facer fronte á chegada masiva de estudantes desprazados dende o norte. "En Malí, o conflito armado afectou á educación de centos de miles de nenos, violando o seu dereito á educación", dixo o Ministro de Educación, Moussa Bocar Diarra. "Para dar novas esperanzas ás persoas afectadas pola crise, débense construír ou rehabilitar centos de escolas, que teñen que ser equipadas con comedores escolares,". "Miles de profesores necesitarán formación. Necesitan materiais e libros de texto, como os relacionados coa cultura de paz e a tolerancia. Cun forte apoio nacional e internacional poderemos facer fronte a estes desafíos", agregou. No norte, só unha de cada tres escolas está aberta. En Kidal, todas as escolas están pechadas, mentres que en Tombuctú o 5% volveu abrir. EnGao, só o 28% dos mestres volveron ao traballo.

"o director  díxonos que nos fósemos á casa"

"Estando na escola, escoitei disparos", dixo Amadou, de 12 anos, que tivo que fuxir deDouentza, na rexión de Mopti, a Sévaré, onde agora vai á escola."O director díxonos que nos fosemos á casa", sinalou. "Mesmo estando na casa, oía disparos. Durante dúas semanas non fun á escola. Esquecéronseme un montón de cousas, porque estaba alterado. Os disparos que oía en Douentza dábanme moito medo. Pero xa esquecín todo iso e empezo a vivir como antes. " Dende decembro de 2012, UNICEFformou 1.190 mestres de Malípara que poidan proporcionar apoio psicosocial e advertir os nenos sobre o perigo das minas. Máis de 16.000 nenos afectados polo conflito recibiron materiais educativos en todo o país."Cando un mestre ten medo de ensinar e cando un estudante ten medo de ir á escola, a educación no seu conxunto está en risco", dixo Françoise Ackermans, Representante de UNICEF en Malí. Co apoio técnico e financeiro de UNICEF, as autoridades educativas e os aliados acordaron acelerar o regreso dos nenos á escola, especialmente no norte. "Temos que salvar o ano escolar dos nosos nenos, especialmente das nosas nenas", dixo o presidente do Comité de Crise de Tombuctú. Todos os aliados relacionados co sector da educación enMalí fixeron en novembro de 2012 un chamamento de fondos de 18,8 millóns de dólares (14,28 millóns de euros). Ata a data non se recibiron fondos.