Loita contra a mutilación xenital feminina

De acordo cun informe de UNICEF, na maioría dos países onde se practica a mutilación ou ablación xenital feminina existe unha marcada oposición a ela. Non obstante, máis de 125 millóns de nenas e mulleres vivas hoxe en día foron sometidas á devandita práctica, e 30 millóns de nenas corren o risco de selo.

O informe Mutilación/ablación xenital feminina: Resumen estatístico e exploración da dinámica do cambioé, a día de hoxe, a máis ampla recompilación de datos e análise sobre esta cuestión.

Enquisas realizadas nos 29 países de África e Oriente Medio onde persiste a mutilación demostran que as nenas de hoxe teñen menos probabilidades de sufrir esta práctica que hai 30 anos, e que o apoio á mutilación está a diminuír mesmo en países onde a súa incidencia é case universal, como son Exipto e Sudán.

Pero aínda que o nivel de apoio se reduciu, millóns de nenas seguen altamente expostas a este risco. O informe fai fincapé na diferenza entre a opinión persoal sobre a mutilación xenital e o arraigado sentido de obriga social que favorece a súa continuación, agravada pola falta dunha comunicación aberta sobre un tema tan sensible e privado como este.

"A mutilación xenital feminina constitúe unha violación dos dereitos das nenas á saúde, o benestar e a autodeterminación", dixoGeeta Rao Gupta, Directora Executiva Adxunta de UNICEF. "Este informe mostra de xeito claro que as leis por si soas non abondan".O desafío agora consiste en lograr que nenas, mulleres, nenos e homes opinen sen temor e fagan saber que desexan que se erradique esta prexudicial práctica".
NOn Só MUllERES e NenAS ESTÁN EN CONTRA
Segundo as enquisas, non só as nenas e as mulleres están en contra desta práctica: un número significativo de homes e nenos tamén se opoñen a ela. En tres países - Chad, Guinea e Serra Leoa- mesmo máis homes que mulleres desexan que se poña fin á mutilación xenital feminina.

En canto ás tendencias, o informe sinala que en Kenya e a República Unida de Tanzania,as nenas entre os 15 e 19 anos teñen tres veces menos probabilidades sufrir esta experiencia que as súas nais. En Benín, Iraq, Liberia, Nixeria e a República Centroafricana, a prevalencia baixou case á metade entre as nenas adolescentes.

Se ben determinados grupos e países abandonaron case totalmente a mutilación xenital feminina, aínda segue sendo común en moitos outros, a pesar dos perigos que supón para as nenas. En países como Djibouti, Exipto, Guinea e Somalia, a mutilación segue sendo case universal: máis de 9 de cada 10 nenas e mulleres entre os 15 e 49 anos padecérona. Tampouco se rexistrou unha diminución perceptible en países como Chad, Gambia, Malí, Senegal, Sudán ou Iemen.
 
 
faN FALTA MEDIDAS QUE COMPLEMENTEN A LExISLACIÓN
O informe acolle con satisfacción as leis contra a mutilación xenital feminina que adoptaron a maioría dos países onde se practica, pero insta a tomar medidas que complementen esa lexislación, como someter a práctica da mutilación a un maior escrutinio público, dubidando da percepción errónea de que "todos os demais" a aproban.

O informe destaca taméno papel fundamental das nais neste cambio social, reflectindo que as fillas de nais con niveis educativos máis altos corren un risco menor de ser vítimas da ablación. Así mesmo, destaca o feito de que a escolarización contribúe a que as nenas establezan vínculos con outras persoas que se opoñen á mutilación xenital.

No informe expóñense varios aspectos cruciais para eliminar a mutilación xenital feminina, como son traballar coas tradicións culturais locais, e non contra elas, intentando modificar as actitudes individuais relacionadas coa mutilación xenital. Sinala ademais que as familias que abandonen esta práctica deben saber que non están soas, para xerar así unha reacción en cadea en máis familias.

Incrementar a exposición dos grupos que seguen practicando a ablación fronte aos grupos que xa a abandonaron, promover a eliminación total da mutilación (sen defender modalidades menos drásticas como a circuncisión "simbólica"), así como seguir recompilando datos útiles para orientar as políticas e os programas, son algúns dos esforzos esenciais necesarios para erradicar a mutilación xenital feminina.

Nacer niño o niña
condiciona su vida

Personaliza tu colaboración y ayuda a miles de niñas.

Únete