Kenya: os fogares maternos salvan as vidas dos nenos e as súas nais

Shagaa Issack tivo a súa filla no Hospital Provincial Xeral de Garissa, ao nordés de Kenya, grazas aos coidados que recibiu no fogar materno, situado a 300 metros do hospital, quen a acompañou para que recibise a atención axeitada.

Isacck tivo complicacións no parto e tívose que facer unha transfusión de sangue para estabilizala. O seu bebé naceu por cesárea. Dous días máis tarde, Issack abrazaba a súa filla, mentres o seu marido, Mohamed, mostraba o seu agradecemento aos médicos polos esforzos realizados e por enviar a súa muller aofogar materno, onde puido recibir unseguimento regular e tivo acceso a atención de emerxencia en todo momento.Issack permanecera o último mes no fogar materno, acompañada polo seu marido: "Os dous partos anteriores foran complicados. Estivo a punto de morrer a causa dunha hemorraxia", explica Mohamed. "Se a miña esposa non tivese vido ao fogar para dar a luz no hospital, podería ter morto", di Mohamed.  

os fogares maternos salvan as vidas das nais e os seus fillos

O fogar materno permite que as mulleres con embarazos de alto risco reciban atención constante e dispoñan dun rápido acceso ao hospital provincial - onde salvar as vidas das nais e os recén nacidos.UNICEF apoia o fogar materno enGarissa, como parte dos seus esforzos por centrarse nas áreas de "alto risco". Ao igual que Isacck, decenas de familias xa fixeron uso destes fogares. Hawa Ali Hussein, de 25 anos, quedou no fogar durante tres meses antes de dar a luz a súa filla. "Adoitaba espertar a media noite e pregar a Deus que me dese un bebé. Son moi feliz".Dakan Bilow, de 27 anos, sofre unha enfermidade que lle deixou incapacitada. Os médicos aconselláronlle permanecer no fogar materno para o seu seguimento. Pasou tres meses alí e agora regresa á casa co seu bebé san.  

Reducir a mortalidade materna e infantil

Segundo Mohamed Sheikh, Director de Saúde Pública do Nordés, a rexión ten a taxa de mortalidade materna máis alta do país, máis do dobre da media nacional de 488 mortes por cada 100.000 nacidos. Por esta razón, as iniciativas como os fogares maternos fomentan que as mulleres dean a luz en centros de saúde, o que supón ungran paso na redución da mortalidade materno-infantil.Nos últimos anos, Kenya rexistrou unha redución significativa da mortalidade infantil. Segundo a Enquisa Demográfica e de Saúde de Kenya (2008-2009) a taxa de mortalidade en menores de 5 anos reduciuse de 115 mortes por cada 1.000 nacidos vivos en 2003 a 74 en 2008-2009. A mellora na supervivencia infantil é o resultado dunha combinación de estratexias e iniciativas por parte do goberno e os seus aliados, entre as que se encontran: campañas de inmunización, promoción da lactación materna exclusiva durante os primeiros seis meses de vida dun neno, un mellor acceso á auga potable e unha mellor atención á diarrea."Reducir a mortalidade materna e infantil require un investimento equilibrado nos sistemas de saúde, incluíndo infraestrutura, formación continua dos traballadores de saúde, e equipos e subministracións adecuadas, por un lado, e a creación da demanda a nivel individual, familiar e comunitario polo outro", afirma o Xefe de Saúde de UNICEF,Ketema Bizuneh.