"Kaze" (benvido) a Burundi

Por Pedro Guerra Serrano, Especialista en Protección de UNICEF Burundi

"Kaze", benvido en kirundi, a lingua local de Burundi, é o primeiro convite a coñecer máis deste lugar chamado "o corazón de África".

É un país sen saída ao mar na rexión dos Grandes Lagos, lixeiramente máis pequeno que Bélxica, país do que se independendizou hai medio século. Hoxe en día enfronta grandes retos deconstrución e superación, despois dunhaguerra civil de 12 anos que deixou ao país devastado e que encontrou finalmente un período de paz en 2005. A pesar deste período de estabilidade, un dos maiores retos é revivir unha economía destruída, reconstruír servizos sociais e forxar a unidade nacional.Con pouco máis de oito millóns de habitantes,Burundi é un dos países máis densamente poboados de África. Tamén é un dos máis pobres, cun ingreso per cápita de 134 dólares. Preto do 90% da poboación érural e vive da agricultura de subsistencia. O aumento do prezo de alimentos básicos nos últimos anos reduciu drasticamente os ingresos do fogar, o que se reflicte nas estatísticas, xa que o 67% da poboación vive na pobreza.Rumbo á meta dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) para 2015, Burundi necesitará realizar un esforzo extra, xa que seis dos oito ODM están en risco de non ser alcanzados.Burundi é un país de nenos e mozos. Pouco máis da metade da poboación é menor de 18 anos. Os nenos menores de cinco anos de idade, a categoría máis vulnerable, constitúen o 18,8% da poboación.  

Outra preocupación é o gran número de desprazados internos e refuxiados que regresan ás súas comunidades de orixe. Máis de 150.000 persoasseguen desprazadas, mentres que uns500.000 refuxiados de Burundi volveron a casa dende os países veciños dende o inicio do proceso de paz en 2002.UNICEF Burundi ten un gran reto por diante para garantir o cumprimento da Convención sobre os Dereitos do Neno, e para apoiar o Goberno co obxecto de alcanzar osODM en 2015.  

o TRABAllO EN PROTECCIÓN INFANTIL

Dentro da área de protección infantil existen diversos programas e proxectos enfocados a mellorar as condicións de vida de nenos e nenas neste país.

  • Crear e desenvolver un sistema de protección da infancia  
  • Apoiar osnenos máis vulnerables para que poidan acceder aosservizos básicos (nutrición, saúde, educación, etc..)
  • Adaptar osistema xudicial ás necesidades dos nenos