Iniciativa co sector turístico: Hoteis Amigos

UNICEF España puxo en marcha a iniciativa Hoteis Amigos que insta aos establecementos turísticos situados no noso país a converterse en plataformas de comunicación e mobilización de clientes e empregados para fomentar o respecto e promoción dos dereitos da infancia.

Aquelas compañías que teñen presenza noutros países comprométense á firma doCódigo ECPAT (contra a Explotación Sexual Comercial Infantil) apoiado por UNICEF e a Organización Mundial do Turismo e a poñer en marcha un Plan de Acción no que se insta a estes establecementos turísticos a incluír unha política corporativa ética en contra da explotación sexual dos nenos, a formar o seu persoal para detectar casos de explotación infantil e a asinar unha cláusula nos contratos cos seus provedores na que declaren o seu rexeitamento común á explotación infantil. O sector privado é un aliado fundamental no traballo que UNICEF realiza cos nenos. O programa Hoteis Amigos é unha mostra máis deste labor conxunto, permitindo ás empresas do sector turístico converterse en actores sociais que colaboran coa organización en programas de protección e defensa dos dereitos da infancia.  En este movimiento de turismo responsable pueden participar todas las empresas del sector; grandes y pequeñas cadenas hoteleras, alojamientos rurales, y otras empresas.Estímase que entre 500 millóns e 1.500 millóns de nenos e nenas son vítimas de violencia e ao redor de 1,8 millóns de nenos sofren explotación sexual. A loita contra a explotación sexual comercial infantil nas viaxes é un dos aspectos centrais deste programa.  

Protección da infancia

A creación dun ámbito protector para a infancia é o piar fundamental daestratexia de UNICEF no ámbito da protección dos nenos. Isto significaseguridade, o cal implica que os nenos estean escolarizados, que existan leis que castiguen aqueles que explotan á infancia, que os gobernos se comprometan, que as familias e as comunidades onde viven estean informadas dos riscos e teñan capacidade de resposta. Os elementos clave dun ámbito protector son: o compromiso dos gobernos de respectar, protexer e promover a protección da infancia; o debate e o compromiso con cuestións relativas á protección da infancia, incluído o papel dos medios de comunicación e da sociedade civil; a aplicación de leis relativas á protección; a capacidade dos pais, mestres e outros axentes sociais para crear un ámbito que protexa aos nenos; e a vixilancia e denuncia social de cuestións relativas á protección da infancia.UNICEF traballa para conseguir esteambiente seguro para os nenos coa colaboración dosgobernos e os seus aliados nacionais e internacionais, incluíndo o sector privado e a sociedade civil.  

Máis información:

Hoteis Amigos