A infancia en Cambodja: rompendo as barreiras da desigualdade

O 37% da poboación de Cambodja ten menos de 18 anos. Nun país que ocupa o posto 138 (de 175 países) no Índice de Desenvolvemento Humano, a infancia enfróntase a problemas como a desnutrición, o abuso, a explotación ou as dificultades de acceso á escola, especialmente en áreas rurais.

 

UNICEF traballa en Cambodja dende 1952, traballando para superar as desigualdades entre os nenos das áreas urbanas e rurais. Os maiores retos teñen que ver co acceso á educación e aos servizos de saúde e protección. Rematar con esta falta de equidade é o obxectivo dos programas de UNICEF Cambodja. O nivel educativo e socio económico das familias determina a posibilidade de ter, por exemplo, un parto atendido por persoal cualificado. Só o 10% das mulleres cun nivel de formación baixo ten acceso a coidados prenatais, fronte ao 90% con educación secundaria ou superior.

CAMBOdjA: a eDUCACIÓN chega ás zonas rurais

A educación é un dos sectores nos que fai máis patente a desigualdade. Aínda que as taxas de matriculación na escola primaria son moi altas (95%),moitos nenos non completan a súa educación. A pobreza obrígaos a deixar o colexio porque os seus pais non poden permitirse pagar os custos. Ou necesítanos para traballar na casa ou no campo.

As zonas rurais e remotas enfróntanse a estes obstáculos. Por iso UNICEF ten un programa deEscolas Amigas da Infancia. Estes centros fomentan a igualdade de oportunidades e proporcionan un ámbito seguro no que se analizan as necesidades emocionais de cada neno. Con este programa chégase tamén ás minorías étnicas e aos nenos minusválidos, cuxo acceso á educación é máis baixo. A educación prevén o traballo infantil. En 2011, un terzo dos nenos entre 5 e 17 anos traballaban. Os nenos máis vulnerables poden ser vítimas de traballos forzados, abuso e explotación. UNICEF traballa co goberno para fortalecer sistemas de protección que eviten isto.

o traballo cos nenos máis vulnerables

Outros dous grupos de nenos vulnerables en Cambodja son os nenos orfos e os nenosafectados por VIH/SIDA. Para ofrecer servizos de protección a estes nenos, UNICEF ten en marcha programas como a alianza con monxes budistas. A través desta iniciativa os monxes realizan visitas a domicilio ás familias e organizan sesións en grupo para dar apoio aos afectados. O obxectivo é rematar co estigma social e a discriminación dos que padecen VIH/SIDA, unha enfermidade moi estendida no país. Só en 2012 deixou orfos a 330.000 nenos. Os nenos sós son un dos grupos máis vulnerables, especialmente debido ao aumento do "turismo de orfanatos". Trátase de centros que conseguen fondos a base de levar turistas para ver os nenos (algúns deles, non orfos, "recrutados" en zonas pobres).UNICEF ten en marcha unprograma de pais de acollida xunto coa ONGFriends International. O obxectivo é garantir que estes nenos vulnerables poidan vivir nun ámbito seguro e familiar. Educación, saúde e protección para os 5,5 millóns de nenos camboxanos son as prioridades de UNICEF, que loita por romper as barreiras da desigualdade en Cambodja para garantir que se cumpran os dereitos de todos os nenos. Se queres apoiar o traballo de UNICEFen países como Cambodja, faite socio.