Ikea e UNICEF España lanzan a campaña 'Educación para todos'

UNICEF España e Ikea puxeron en marcha, por segundo ano consecutivo, a campaña Educación para todos. Entre o 15 de agosto e o 15 de setembro, por cada produto vendido da serie MALA, Ikea doará 1 euro a Escolas para África, unha iniciativa de UNICEF, a Fundación Nelson Mandela e a Sociedade de Hamburgo, que persegue a escolarización de oito millóns de nenos, en once países africanos de aquí a 2013.

Os fondos captados coa campaña destinaranse a lograr que o maior número posible de nenos deste continente poidan ir á escola e reciban unhaeducación de calidade, mediante a construción de escolas sólidas e seguras, a provisión de servizos básicos e a formación do profesorado.Ikea e UNICEF manteñen unha alianza estratéxica dende o ano 2000 co obxecto de apoiarprogramas de educación e de protección á infanciaen países de todo o mundo, así como de responder asituacións de emerxencia