Guinea: vacinación contra o sarampelo a 1,6 millóns de nenos

UNICEF e os seus aliados prepararon unha campaña para vacinar contra o sarampelo máis de 1,6 millóns de nenos en Guinea, tras declararse oficialmente un brote desta enfermidade na capital do país, Conakry.

 

Dende o pasado novembro confirmáronse37 casos de sarampelo, todos eles en nenos menores de 10 anos. Durante as últimas semanas os casos aumentaron considerablemente e un neno morreu. O representante de UNICEF Guinea,Mohamed Ayoya, mostrouse "moi preocupado por este brote. O sarampelo é moi contaxioso eextremadamente perigoso, especialmente para osnenos desnutridos. Como vimos, pode ser fatal, e nunha cidade tan poboada como Conakrya enfermidade propágase rapidamente". Por iso o Goberno de Guinea, UNICEF, a Organización Mundial da Saúde (OMS) e Médicos sen Fronteiras (MsF) uniron as súas forzas para establecer mecanismos coordinados que conteñan o brote. Como resposta inicial UNICEF vai proporcionar ao goberno vacinas, neveiras, agullas, outros materiais médicos eapoio loxístico para vacinar os nenos de varios barrios de Conakry e das zonas afectadas fóra da capital. A OMS e MsF apoiarán a vacinación nas zonas de brotes declarados deConakry.

GUINEA: OS NenOS NO VACiNADOS ESTÁN EN RIScO

A fase de vacinación da campaña iniciarase nas próximas semanas, en canto estean dispoñibles as vacinas, subministracións e financiamento que garantan un despregamento continuo. Ademais,UNICEF e os seus aliados subministrarán ao goberno os medicamentos para tratar os nenos que xa foron afectados polo sarampelo. "Non hai tempo que perder", dixo Felix Ackebo, representante adxunto deUNICEF. "Temos que avanzar máis rápido que a enfermidade. Os síntomas do sarampelo tardan 12 días en aparecer, polo que é posible que a enfermidade se estendese por no país. Todos os nenos que aíndanon están vacinados estánen risco. Polo tanto, é necesaria unha campaña de inmunización tan pronto como sexa posible ".UNICEF e os seus aliados están a tratar de conseguir con urxencia fondos para repoñer as existencias de vacinas necesarias para lanzar a campaña en todo o país e poder vacinar a todos os nenos de entre 9 meses e 14 anos. Tamén se necesitan medicamentos adicionais para tratar as persoas xa infectadas.