Grave escaseza de auga en Sudán do Sur

Decenas de miles de persoas que fuxiron de Bentiu (Sudán do Sur) debido á violencia reciben tan só 1 litro diario de auga potable na base da ONU onde están refuxiados.

 

Este centro de protección de civís de Nacións Unidas estámasificado. Só a semana pasada chegaron máis de 10.000 persoas. Esta chegada masiva elevou a 23.000 o número depersoas acollidas. O enorme fluxo de persoas desprazadas, a violencia continuada e o inicio da tempada de chuvias dificultan aínda máis a tarefa de resposta ás necesidades humanitarias.

Sudán do Sur: é necesario que a axuda chegue

A grave escaseza de auga pon a poboación afectada polo conflito, especialmente aos nenos, enrisco de contraer enfermidades mortais transmitidas pola auga.

Os camións que cada día levan a auga potable ao campamento fano atravesando zonas pouco seguras. Ás veces quedan atrapados no lama que aparece tras as chuvias. Ademais as tormentas derrubaron latrinas no campamento. Agora só hai unha latrina por cada 350 persoas.UNICEF mantén o seu persoal en Bentiu e está a responder rapidamente. Por exemplo estase a perforar a terra para construír novos pozos de auga e estanse a colocar latrinas. Non obstante UNICEF asegura que afalta de fondos e de acceso pon en perigo a realización destas tarefas. Moitos dosaliados da organización tiveron que abandonar a zona debido á inseguridade. "Os nenos sufriron unha violencia indescritible e non deben seguir sufrindo en lugares que deberían dar seguridade", declarou o representante de UNICEF en Sudán do Sur, Jonathan Veitch. Por iso UNICEF segue pedindo aos que ocupan postos de mando que manteñan os nenos fóra de perigo e que garantan o acceso seguro dos traballadores humanitarios. Máis dun millón de persoas víronsedesprazadas polo conflito en Sudán do Sur.UNICEF segue traballando para darresposta ás súas necesidades, como esta falta de auga potable.