A enerxía, o talento e a forza das mulleres son o recurso máis valioso da humanidade

Hoxe, 8 de marzo, conmemórase o Día Internacional da Muller baixo o lema Autonomía da muller rural: a pobreza extrema e a fame.

O Secretario Xeral,Ban Ki-moon, xunto con altos funcionarios e representantes de institucións que traballan en temas relacionados coas mulleres do mundo rural, instou aos gobernos, a sociedade civil e o sector privado a que se comprometan a alcanzar a igualdade de xénero e o empoderamientodas mulleres, un dereito humano fundamental e unha forza que beneficia a todos. "A enerxía, o talento e a forza das mulleres son o recurso máis valioso da humanidade", afirmou BanKi-moon. Pola súa banda, a Directora Executiva de ONU Mulleres, Michelle Bachelet, engadiu: "A participación plena das mulleres e a igualdade no ámbito político e económico é fundamental para a democracia e a xustiza que a poboación está demandando".

O papel da muller rural na loita contra a desnutrición

De media, as mulleres representan o 43% da man de obra agrícola nos países en desenvolvemento.Os feitos indican que se esas mulleres tivesen o mesmo acceso aos recursos produtivos que os homes, aumentarían a produción dos seus campos dun 20 a un 30%, incrementando a produción agrícola total neses países nun 2,5 a un 4% por cen. Isto reduciría a cantidade de persoas con fame dun 12 a un 17%. A desigualdade de xénero é unha das causas e efectos principais da fame e da pobreza: estímase que o60% das persoas que padecen de fame crónica son mulleres e nenas. Menos do 20% de propietarios das terras do mundo son mulleres. As mulleres representan menos do 5% de todos os propietarios de terras agrícolas no Norte de África e en Asia occidental.