A empresa Groupalia apoia o Corno de África

O pasado luns  12 de setembro, o Presidente de UNICEF Comité Catalunya, Pablo Giménez-Salinas, recibiu de mans de Groupalia un talón de 43.124 € que irán destinados a UNICEF e a emerxencia do Corno de África.

A doazón é o resultado da acción levada a cabo pola empresa Groupalia, na que invitaba aos usuarios a realizar unha micro doazón de 2 euros. A campaña tivo lugar do 1 ao 7 de agosto e concluíu coa venda de 19.062 cupóns, ao que se engadiu unha achega de Groupalia de 5.000 euros.Estes fondos destinaranse ao traballo que realiza en UNICEF para paliar a fame no Corno de África.