Día Internacional do Voluntariado

Post de Pepa Rodrigo, Voluntaria e socia de UNICEF España

Empecei a colaborar con UNICEF España hai 11 meses. Fíxeno por coherencia persoal e porque creo que o traballo dos voluntarios é clave en calquera ámbito. E en todo este tempo, sei que, a través da miña formación e experiencia, estou a contribuír ao logro dos obxectivos de UNICEF España. Séntome parte de UNICEF España, compartindo e aprendendo coas persoas que traballan en sede e con outros voluntarios o compromiso polos Dereitos da Infancia, un dos mellores labores que se poden levar a cabo.  

O meu traballo como voluntaria implica asumir que sempre é posible facer algo máis para mellorar a situación dos nenos no mundo. Implica deixar de pensar que hai obxectivos difíciles de alcanzar, sen dúbida estes son os máis importantes. Implica deixar de mirar cara a outro lado e asumir compromisos persoais. Este é o reto e saber que os resultados se conseguen xuntando o esforzo de moitas vontades. Coa miña contribución tamén animo a outros a coñecer que facemos, porqué e para que e é un orgullo persoal defender o sentido do meu voluntariado en UNICEF España. E por iso no Día International do Voluntariado quero recordar a importancia que ten o que sexamos cada vez MÁIS traballando por tantos obxectivos polos que paga a pena loitar. Agora se que ser voluntaria non significa dar sen esperar nada a cambio, senón todo o contrario, xa que representa unha das maiores compensacións que as persoas podemos e debemos ter.