Día Internacional do Legado Solidario
O 13 de setembro celébrase por segundo ano o Día Internacional do Legado Solidario e UNICEF España quíxose unir esta iniciativa para promover o apoio ás organizacións solidarias a través dun legado ou testamento.
Deixar unha herdanza ou un legado a UNICEF é unha forma marabillosa de que a axuda aos nenos máis vulnerables perdure no tempo. É un xeito de asegurar que, no futuro, os dereitos de todos os nenos se van cumprir. Cos recursos que xeran as herdanzas e legados se poden financiar proxectos que, nalgúns casos, poderían tardar anos en ser apoiado economicamente, e deste xeito se poden cambiar as vidas de miles de nenos.