Crise no Corno de África

O Corno de África sofre a ameaza dunha gran crise alimentaria e de refuxiados, debido á seca, os conflitos e o aumento do prezo dos alimentos.

Por esta razón, UNICEF pide aos gobernos locais e aos doadores que lideren unha rápida resposta humanitaria.

Segundo UNICEF, millóns de nenos e mulleres están en perigo de morte ou de contraer enfermidades se non se pon en marcha unha resposta rápida e inmediata.

9 millóns de persoas en risco

Máis de 9 millóns de persoas, das que preto de 2 millóns son nenos menores de cinco anos, necesitan xaasistencia humanitaria urxente. Esta inestable rexión viviu moitas crises. A actual, considerada a peor en 60 anos, ameaza a miles de familias que xa viven en condicións moi duras. Os últimos meses foron os máis secos en seis décadas nalgunhas partes da rexión. Miles de familias están a cruzar a fronteira de Somalia para alcanzar os campamentos de refuxiados en Dolo Ado, en Etiopía, e Dadaab, en Kenya, que xa está completamente masificado.

Desnutrición no Corno de África

UNICEF estima que este ano 480.000 nenos sufrirán desnutrición severa en Somalia, Kenya eEtiopía, o que  supón

un aumento do 50% no número de casos con
respecto ao pasado ano.

O sur de Somalia é unha das rexións máis afectadas, onde polo menos1 de cada 3 nenos estánseveramente desnutridos. Se estima que2,85 millóns de somalís, isto é, 1 de cada 3, encóntranse en crise, o que significa falta de servizos de auga potable, saneamento e acceso á saúde, situación que se agrava polo conflito no país. Os niveis de desnutrición aguda no norte de Kenya están por enriba do 25%, alcanzando o 37,4% no distrito de Turkana.Case a metade dos nenos que se encontra nos campamentos de refuxiados en Etiopía sofre desnutrición. No campo de refuxiados de Melkadida a taxa bruta de mortalidade infantil superou ao albor de emerxencia: máis de 4 nenos de cada 10.000 morren ao día.

UNICEF está a apoiar directamente arecuperación de nenos condesnutrición moderada e grave, en colaboración cos servizos sanitarios gobernamentais. Realizáronse campañas de vacinación vitais, asistencia sanitaria, programas para garantir auga limpa e mellorar o saneamento, particularmente en campamentos de desprazados internos e refuxiados. Non obstante, os recortes de fondos e, nalgunhas áreas, a denegación do acceso, ameazan con interromper estes servizos esenciais.