COVID-19: case 600 familias de Venezuela recibirán axuda grazas a UNICEF e a Xunta de Galicia

Trátase de alimentos, kits de hixiene e material de promoción de boas prácticas de hixiene.

Ayuda a Venezuela por COVID-19

01/06/2020

UNICEF Comité Galicia e a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia asinaron un convenio de colaboración co obxectivo de previr e protexer fronte á COVID-19 a 583 familias con nenas e nenos en situación de vulnerabilidade do Distrito Capital de Caracas.

Ante a pandemia da COVID-19 en Venezuela, o sistema educativo nacional clausurou temporalmente as escolas. Esta suspensión temporal dos centros educativos ha afectado non só á aprendizaxe dos nenos e nenas, senón tamén ao funcionamento regular dos programas de alimentación escolar, de hixiene e de protección á infancia máis vulnerable.

UNICEF Venezuela adaptou as súas accións e estratexias co fin de mitigar os efectos da emerxencia sanitaria na poboación infantil máis vulnerable:

  • Apoiando a continuidade da educación desde o fogar
  • Asegurando a comunicación e difusión de mensaxes clave de prevención, saúde e apoio psico-social
  • Velando polo mantemento dos programas de alimentación escolar en modalidades acordes aos estándares de hixiene e protección.

Neste marco, o convenio asinado entre UNICEF e a Xunta de Galicia proporcionará a 583 familias de Caracas bolsas de comida quincenais como complemento alimentario, kits de hixiene e material de promoción de boas prácticas de hixiene dentro do fogar para a prevención e protección fronte á COVID-19.