Corno de África: balance de acción

A masiva resposta internacional á crise de supervivencia infantil no Corno de África mostrou xa algúns resultados positivos. Non obstante, aínda queda moito por facer para salvar centos de miles de nenos en risco de morrer de desnutrición e enfermidades, segundo o informe sobre a situación na rexión cando se cumpren tres meses da declaración de fame en distintas zonas de Somalia.

Salvamos moitos nenos, en Somalia, nos campos de refuxiados en países veciños, así como nas demais rexións de Kenya, Etiopía e Djibouti, afectados pola seca prolongada, o aumento do prezo dos alimentos e o conflito", dixo Elhadj As Sy, Director Rexional de UNICEF para África oriental e meridional, no lanzamento do informe Resposta á Emerxencia do Corno de África. "Debido á magnitude da crise humanitaria, temos que aumentar a nosa resposta inmediata e ao mesmo tempo, sentar as bases para o desenvolvemento a longo prazo, para evitar que unha catástrofe similar volva suceder," engadiu.

Unha gran resposta internacional

O informe revela que a resposta internacional foi extraordinaria. Grazas a todo o apoio recibido, nos últimos tres meses UNICEF e os seus aliados lograron importantes resultados, que son a base para construír unha resposta máis ampla, e que inclúen:

•    108.000 nenos con desnutrición severa tratados en centros de alimentación terapéutica.

•    1,2 millóns de nenos vacinados contra o sarampelo .
•    Acceso a auga potable para 2,2 millóns de persoas.

•    48.000 nenos con acceso aEspazos Amigos da Infancia ou outros ámbitos seguros.

No centro e o sur de Somalia, onde o acceso das axencias humanitarias é limitado,UNICEF conseguiu chegar a 350.000 persoas con alimentación suplementaria, e a unhas30.000 familias con alimentos cociñados no seu camiño cara aos campos de refuxiados de Kenya e Etiopía

España: 111.661 doadores contribuen con máis de 4,1 millóns de euros

Socios e doadores particulares, gobernos, entidades públicas e privadas de distintos sectores, e Embaixadores e Amigos de UNICEF España achegaron, a data do pasado 18 de outubro, 4.107.113,01 euros para contribuír ao traballo deUNICEF no Corno de África. Un total de 111.661 doadores sumouse ao chamamento desta emerxencia para prestar asistencia aos nenos e as súas familias.UNICEF España agradece profundamente este xeneroso apoio da sociedade española. Sen esta contribución, unida á doutros países, non sería posible desenvolver o traballo que  conseguíu salvar miles de vidas e mellorar as condicións dos afectados por esta emerxencia.

ainda queda moito por facer

As previsións para a tempada de chuvias, que vai de outubro a decembro, reflicten que a seguridade alimentaria pode mellorar en Kenya eEtiopía, onde as chuviasempezaron recentemente.Non obstante, a experiencia tamén demostra que a tempada de chuvias, despois dunha prolongada seca, incrementa orisco de inundacións e brotes de enfermidadesmortais como a cólera, a malaria e a pneumonía. No centro e o sur de Somalia, a situación empeorará aínda máis se non mellora o acceso humanitario de forma rápida e significativa. "Temos que facer un esforzo extra para chegar a todos os nenos e as súas familias que necesitan a nosa axuda. A crise encóntrase lonxe de chegar á súa fin e, sen dúbida, continuará ata ben entrado o ano 2012", sinalou Elhadj As Sy. "Unha cousa está clara: con apoio continuado dos nosos socios e doadores, os nosos esforzos combinados para salvar vidas, medios de subsistencia e formas de vida, marcarán unha diferenza, agregou.

a situación en datos

Aproximadamente13,3 millóns de persoas necesitan axuda. Máis de450.000 somalís fuxiron aos campamentos de refuxiados arredor de Dadaab, no nordés de Kenya, incluíndo 100.000 que chegaron dende xuño pasado. Outros 183.000 somalís fuxiron a Etiopía, incluíndo máis de 120.000 dos campos de refuxiados en Dollo Ado, e 20.000 refuxiados que foron a Djibouti. Miles de nenos morreron, e máis de 320.000 -a metade deles no centro e sur de Somalia- están tan severamente desnutridos que poden morrer nas próximas semanas e meses, se as operacións de axuda humanitaria non se amplían rapidamente.

.

Response to the Horn of Africa Emergency (en inglés)