Avances na loita contra o VIH/SIDA

Produciuse grandes avances na prevención e tratamento do VIH/SIDA a nivel mundial, grazas a un investimento estable e a longo prazo. O informe sobre a Resposta Global ao VIH/SIDA revela que a mellora do acceso aos servizos sanitarios relacionados co VIH tivo como resultado un descenso do 15% no número de novas infeccións na última década.

Ademais, o informe elaborado pola Organización Mundial da Saúde (OMS), o Fondo de Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF) e o Programa Conxunto de Nacións Unidas sobre a SIDA (ONUSIDA) pon de manifesto que se conseguiu reducir nun 22%o índice de mortalidade por causas relacionadas co VIH/SIDA."O mundo tardou dez anos en logralo dixo Gottfried Himschall, Director do departamento deVIH na Organización Mundial da Saúde. "Hai unha posibilidade real de avanzar contra a epidemia. Pero iso unicamente se pode conseguir mantendo e acelerando este impulso durante as próximas décadas". Os avances representan unha esperanza para o futuro. Especialmente en tempos de austeridade económica, será primordial poñer en marcha os últimos achados e as novas tecnoloxías para mellorar a eficiencia e efectividade dos programas contra o VIH/SIDA en moitos países.

"Mentres que os adultos puideron beneficiarse de tratamentos, coidados e apoio, percibimos que o progreso para os nenos é máis lento", sinalaLeila Pakkala, Directora deUNICEF en Xenebra, "a cobertura das intervencións" para os nenos segue sendo alarmantemente baixa. A través da acción coordinada e as estratexias centradas na igualdade, debemos asegurarnos de que os esforzos globais funcionarán para os nenos tanto como para os adultos".  

Avances na loita contra o VIH/SIDA
  • Mellorou o acceso aos servizos de diagnóstico do VIH/SIDA fixeron posible que o 61% das mulleres embarazadas no Leste e o Sur do continente africano puidesen realizarse a proba e recibir asesoramento.
  • Preto da metade(48%) das mulleres embarazadas que requiren medicamentos para previr a transmisión do VIH aos seus fillos recibírono en 2010.  
  • A terapia ou tratamento antirretroviral(ART), que non só mellora a saúde e o benestar das persoas que viven co VIH/SIDA senón que tamén prevén a transmisión, encóntrase agora a disposición de 6,65 millóns de persoas en países de renda media e baixa. En total, o 47% das 14,2 millóns de persoas que o necesitan dispoñen dese tratamento.
  • O informe admite que o investimento en servizos de VIH/SIDA podería conducir a uns beneficios totais de ata 34.000 millóns de dólares en 2020 grazas a un incremento da actividade económica e a produtividade, moito máis que o custo dos programas de tratamentos antirretrovirales.
Retos pendentes
  • Máis da metade das persoas que necesitan terapia antirretroviral en países con rendas baixa e media aínda non teñen acceso a ela.
  • Algúns países aínda están a deseñar os seus programas para as persoas que teñen máis risco de contraer o VIH/SIDA.
  • En todo o mundo,a maioría (64%) de persoas que viven coVIH/SIDA e unha franxa de idade comprendida entre os 15 e os 24 anos sonmulleres. O índice é mesmo máis elevado enÁfrica subsahariana, onde as nenas e as mozas infectadas alcanzan un 71%. O principal motivo é que nin sequera coñecen as medidas de prevención.
  • Algunhas poboacións clave vense continuamente marxinadas. En Europa do Leste e Asia Central, máis do 60% das persoas que viven con VIH/SIDA consumen drogas inxectadas de xeito habitual. Non obstante, ese colectivo corresponde só ao 22 por cento daqueles que reciben tratamento antirretroviral.
  • Aínda que a mellora dos servizos de prevención da transmisión de nai a fillo evitou unhas 350.000 novas infeccións, en torno a3,4 millóns de nenos viven con VIH/SIDA e moitos deles non teñen tratamento. Só un de cada catro nenos recibiu terapiaantirretroviral en 2010 nos países de rendas baixas ou medias. Non obstante, o acceso ao tratamento por parte dos adultos é máis amplo: de cada dous persoas adultas que necesitaron o tratamento, recibírono.