Aumenta a violencia contra os nenos en Malí

UNICEF expresa a súa profunda preocupación pola situación no norte de Malí, onde hai evidencias de que os nenos están a ser asasinados ou feridos por artefactos explosivos e recrutados por grupos armados, á parte de informes que revelan violacións e abuso sexual.

As evidencias recollidas dende finais de marzo mostran que:  

  • Polo menos 175 nenos (12-18 anos) foron recrutados por grupos armados  
  • Polo menos 8 nenas foron violadas ou sufriron outros abusos sexuais  
  • Dous nenos de 14 e 15 anos foron asasinados en distintos incidentes relacionados con artefactos explosivos sen detonar, e outros 18 nenos resultaron mutilados. 

O peche da gran maioría das escolas en toda a rexión é un motivo adicional de preocupación, que afecta máis de 300.000 nenos só en educación básica. Os nenos sen escolarizar sofren maior risco de recrutamento, violencia e explotación.

"Estas cifras son motivo de alarma, especialmente porque representan só unha visión parcial do contexto de protección da infancia no norte -unha área onde se limita o acceso dos traballadores humanitarios", dixoTheophane Nikyema, Representante deUNICEF en Malí. "Os nenos no norte están a ser testemuñas ou converténdose en vítimas da violencia e deben ser protexidos. "

UNICEF traballa con aliados locais nas rexións afectadas polo conflito, Kidal, Gao eTombuctú, así comona rexión fronteiriza de Mopti  para fortalecer a capacidade das comunidades para protexer aos nenos -como identificar e apoiar os nenos que están separados das súas familias, crear conciencia pública sobre os riscos para os nenos, incluído o recrutamento en grupos armados, e promover a educación.  

Os disturbios no norte de Malí transcorren ao mesmo tempo que a grave crise nutricional que ten lugar en gran parte do Sahel, agora na máis precaria 'tempada de carestía' entre colleitas.Ao redor de 560.000 nenos en Malí están en risco de desnutrición aguda este ano, incluíndo entre 175.000 e 220.000 que requiren de tratamento para salvar as súas vidas. A gran maioría dos nenos desnutridos viven nas rexións do sur do país, pero as condicións no norte reduciron drasticamente o acceso das familias á atención sanitaria básica, os alimentos e a auga.Máis de 330.000 persoas, unha quinta parte delas nenos, fuxiron dos seus fogares, con 150.000 desprazados internos enMalí, e máis de 180.000 en busca de refuxio en países veciños.  

Resultados do traballo de UNICEF

UNICEF xa proporcionou subministracións de emerxencia de saúde, nutrición, auga, saneamento e hixiene e artigos de uso doméstico aos aliados que traballan enGao, Tombuctú e Kidal, e está a chegar aos nenos con vacinas, suplementos nutricionais e medicamentos antiparasitarios na máxima medida posible. En todo o país, máis de 70.000 nenos recibiron tratamento contra a desnutrición aguda dende o inicio do ano, e durante a semana pasada UNICEF e os seus aliados apoiaron ás autoridades nacionais de saúde para chegar a case seis millóns de nenos con vacinas contra a poliomielite, suplementos de vitamina A e medicamentos antiparasitarios. O financiamento adicional é crítica -só se obtivo o 21% dos 58 millóns de dólares que solicitou UNICEF Malí para o ano 2012, e só se alcanzou o 10% do obxectivo de protección da infancia.