Auga para as familias de Etiopía

Os habitantes de Melbena, en Borena, ao sur de Etiopía, sofren as consecuencias da seca. Nesta zona, non choveu o suficiente en dous anos, o que afectou á poboación que vive do pastoreo. UNICEF e os seus aliados distribúen auga en camións para apoiar as comunidades.

"Debido ágravidade da seca temos que distribuír auga en camións cisterna", dixoAbiot Kassa, Xefe da Oficina de Auga, Recursos Minerais e Enerxía do distrito de Mio. O transporte de auga recibe o apoio do grupo de traballo de auga, do que UNICEFforma parte. "Se o camión de auga non chegase teriamos que irnos de aquí, así de malo están as cousas", dixo Kurfa Wario, de 22 anos, unha nai de dous fillos que perdeu case todo o seu gando durante a peor seca que se recorda nos últimos tempos. "Sempre e cando o camión nos traia a auga, sobreviviremos", dixoKurfa. "Se o camión de auga se atrasa dous ou tres días, empezamos a ter sede".Cada tres días, o camión reparte 16 metros cúbicos de auga a uns 500 fogares no poboado de Melbena, pouco máis de 15 litros de auga por familia ao día.

Consellos sobre cómo alimentar  os nenos

"Como é ben coñecido, os habitantes de Borena gáñanse a vida como pastores", dixo Kassa. "As condicións de vida chegaron a un punto crítico, especialmente para as mulleres e os nenos, que están sufrindo". "Non recordo cando comezou, pero esta seca dura xa moito tempo", sinalou Godana Warrio, nai de sete fillos. "No pasado gañabámonos a vida criando gando. Agora perdémolo todo". Ter perdido o gando significa que o seu fillo de dous anos,Roba, xa non ten leite de vaca, a súa principal fonte de nutrición. Como consecuencia, comezou a sufrir unha grave desnutrición e tivo que ser ingresado no centro de saúde de Melbena, onde recibiu atención por medio do programa ambulatorio de alimentación terapéutica que recibe apoio de UNICEF.

"A enfermeiraAbdelnasser visita a familia para comprobar o progreso de Roba. Durante as últimas semanas trataron a Roba conalimentos terapéuticos listos para usar e a súa situación mellorou. O reto neste caso é garantir que non volva o estado de desnutrición cando regrese á súa casa.Abdelnasser aconsella a Godana sobre como pode alimentar os seus fillos utilizando os recursos dispoñibles no país. Ademais, a asesora sobre como almacenar a auga de xeito seguro e a conveniencia de fervela ou usar pastillas potabilizadoras antes de bebela para previr a diarrea, que pode resultar mortal para un neno desnutrido.UNICEF e os seus aliados apoian o Goberno de Etiopía na resposta ás necesidades inmediatas das comunidades afectadas pola seca como Borena, que necesita apoio para recuperarse daseca e diversificar os seus medios de subsistencia.