Conflito en República Centroafricana: os nenos, vítimas da violencia

Post de Kent Page, voceiro de UNICEF dende Bangui, RCA

Esta mañá cedo cheguei a Bangui como parte do equipo de UNICEF para dar resposta á emerxencia de República Centroafricana.

Cando o avión se estaba a achegar cara ao aeroporto, xa se podía ver a cantidade de persoas desprazadas: 100.000 persoas fuxiron recentemente do conflito de Bangui e os seus arredores.

Cando visitamos, horas máis tarde, o único hospital de pediatría de República Centroafricana situado en Bangui, nos demos conta que fuxiran das súas casas por unha boa razón. Por exemplo, o último día de 2013 un neno de 11 anos chamado Bruno recibiu un disparo na cabeza cando uns homes entraron á súa casa e non encontraron o seu pai. Posteriormente, unha radiografía do cranio mostraba claramente a bala situada no lado esquerdo. Bruno recupérase agora, tras a intervención nunhospital pediátrico apoiado porUNICEF.Aínda está no hospital e a súa nai está preocupada porque o lado dereito do seu corpo está paralizado e non pode soster a súa radiografía. Bruno é só un dos moitos nenos feridos pola violencia en Bangui, explica o doutor Simplice Kanago. No cuarto do lado, hai un neno de 3 anos co brazo vendado debido ao disparo que sufriu nun tiroteo. Na seguinte sala, outro neno de 14 anos estase a recuperar dunha bala na perna. A pasada noite, polo menos 3 persoas morreron e moitas resultaron feridas. A inseguridade e aviolencia continúan desprazando as familias e interrompendo as actividades económicas en Bangui.

República Centroafricana: o traballo de Unicef 

O apoio de UNICEF ao hospital pediátrico inclúe a provisión de material de emerxencia, atención sanitaria e subministracións de nutrición.UNICEF tamén axudou ao financiamento para que a ampliación do centro nutricional fose posible, xa que ainseguridade tivo un impacto negativo no estado nutricional dos nenos. Segundo o doutor Kanogo, o número de casos de nenos con desnutrición aguda grave que son atendidos no hospital case triplicouserecentemente. "Uns 125 nenos e nenas gravemente desnutridos reciben actualmente asistencia nutricional a través deUNICEF, co apoio de Acción contra a Fame", explicabaKanogo.