Enigma: atopa o personaxe

  • Adiviña quen é o personaxe misterioso usando o menor número de pistas posible. Xogo para Ed. Secundaria

  • Xogo para Educación Secundaria.

 

 

Neste xogo, o alumnado ten que descubrir personaxes de ficción que viven situacións de violencia cotiás a causa do seu perfil (procedencia, aspecto físico, xénero, identidade sexual, ideas, crenzas...) nas series ou películas onde aparecen.


A idea é centrarse no recoñecemento e a validación das propias emocións e características individuais (pero tamén as dos demais), traballar os estereotipos e os prexuízos, a inclusión e a exclusión dos nosos iguais (discriminación), detección de respostas violentas ante os conflitos, xestión de conflitos con saídas pacíficas…
 

Orientación sobre etapa educativa

Propoñemos este xogo para o primeiro ciclo da ESO, aínda que se pode abordar desde outras etapas educativas.

 

Dereitos da infancia relacionados:

  • Dereito á protección fronte á violencia
  • Dereito á participación e á liberdade de expresión
  • Dereito á familia
  • Dereito á educación
  • Dereito a xogar
  • Dereito a unha identidade
     
 

Como se xoga?


O xogo inclúe cinco pantallas que ofrecen pistas sobre un personaxe misterioso de ficción que pertence a unha serie ou película destinadas a un público xuvenil. Aínda que estes personaxes teñan un papel relevante na ficción onde aparecen, estiveron cuestionados ou marxinados ou atacados por algunha razón (unha cuestión de xénero, orientación sexual, procedencia, clase social, aspecto físico, características persoais, etc.). 


Fórmanse equipos de catro ou cinco persoas para xogar e, por sorteo, establécese quen comeza, completando as quendas no mesmo sentido que as agullas do reloxo.

Trátase de adiviñar quen é o personaxe misterioso empregando as mínimas pistas posibles. Hai seis pistas: se se adiviña e só se empregou unha, a puntuación é máxima, seis puntos! Por cada pista empregada, pérdese un punto. Deberemos ir anotando os puntos de cada grupo, por exemplo, no encerado analóxico e sumalos ao final. 
 

Cadro resumo de puntos:

Se adiviñas o personaxe con...
1 pista = 6 puntos
2 pistas = 5 puntos
3 pistas = 4 puntos
4 pistas = 3 puntos
5 pistas = 2 puntos
6 pistas = 1 punto

E se non se adiviña o personaxe utilizando tódalas pistas, a quenda pasa ao seguinte equipo, que, en caso de acertalo, sumará os puntos correspondentes e, a continuación, poderá pasar á seguinte pantalla. 

O equipo deixa de xogar cando falla a resposta (di un nome erróneo), cando chega ao final das pistas sen saber cal é o personaxe ou cando acerta o personaxe dunha pantalla que iniciou o propio equipo.

Como non se pode saber se se acerta ou non o personaxe sen desvelalo, o profesor / a profesora deberá saber de quen se trata antes de comezar o xogo para dicirlles aos equipos se se equivocaron ou non na resposta.

Gaña o equipo que máis puntos consiga.
Dependendo dos recursos de que se dispoña na aula, tamén se pode presentar a actividade doutro xeito. Divídese o grupo-clase en diversos equipos, que usarán un dispositivo cada un. En troques de realizar un xogo de “competición”, pódeselle propoñer a cada equipo que simplemente tente adiviñar quen é o personaxe misterioso lendo primeiro tódalas pistas. Ao final, no texto que descubre o personaxe, ofrécese un enlace no que se pode ampliar información sobre este e sobre a ficción á cal pertence, cun tráiler da serie ou película que, en caso de non tela visto, permita facerse unha mellor idea do seu argumento. 


Despois do xogo

O obxectivo final do xogo é iniciar unha pequena charla ou un debate sobre as situacións de violencia (verbal, física, de trato...) que viven os personaxes de ficción pola súa condición individual, sexa cal sexa.
Algunhas preguntas para axudar a animar o debate:

  • Que casos dos que vistes vos parecen violencia e cales non? Por que?
  • Que situación dos personaxes que vistes vos chamaron máis a atención? Por que?
  • Por que coidades que ese personaxe vive esa situación?
  • Que lle diriades a ese personaxe se tivésedes a oportunidade? E aos demais personaxes da serie ou película?
  • Lémbravos algún destes personaxes ficticios ou a súa historia algún caso que coñezades? En que se parece? Como actuastes ante ese caso real? Como o fan os personaxes da serie/película ante o seu caso?
  • Ensinouvos algo esa ficción? En caso afirmativo, que vos ensinou? Despois de ver ou falar desa ficción, agora actuariades do mesmo xeito? Como actuariades?

     


Conceptos clave:

Discriminación, tolerancia, inclusión, non violencia, pacifismo.

Dirixido a: Aula de Educación Secundaria

Edita: UNICEF España, decembro de 2023

Conceptualización e produción: Eduxarxa, SCCL

Tamén dispoñible en:  CAS 

Dispoñible en Genially en:  CAS |   CAT |  EUS |  GAL |  VAL |  ENG

 

Descobre máis recursos interactivos sobre paz e non violencia

Escape room: casa do terror

Escape room: casa do terror

Para saír da casa do terror, María só necesita atopar algúns obxectos clave que lle fagan recordar quen é e que dereito…

Xogo de rol - Paz e non violencia

Xogo de rol - Paz e non violencia

Neste xogo exponse dúas situacións cun posible conflito no que cada personaxe mostra unha actitude e unha opinión difer…

Xogo de dobres: emocións e fórmulas de cortesía

Xogo de dobres: emocións e fórmulas de cortesía

Xogo para aprender que as fórmulas de cortesía son unha forma respectuosa de relacionarse con quen nos rodean, promoven…

Xogo: Abre a puerta correcta!

Xogo: Abre a puerta correcta!

Como educar en actitudes que fomenten o respeco e a non violencia?

Quiz de actualidade - Paz e non violencia

Quiz de actualidade - Paz e non violencia

Resolvede este quiz no que se presentan preguntas ligadas a algúns feitos violentos da actualidade e coas que deberedes…

Sopa de letras sobre prevención de conflitos

Sopa de letras sobre prevención de conflitos

Resolvede as preguntas relacionadas coa resolución de conflitos e a cultura da non violencia deste xogo.

Xogo: A casa da paz

Xogo: A casa da paz

Xogo para Educación Infantil que nos axuda a identificar contornas de paz cotiás

Xogo: Como se sinte?

Xogo: Como se sinte?

Xogo para aprender a identificar emocións e construír contornas amigables en Educación Infantil

Xogo da oca: paz e non violencia

Xogo da oca: paz e non violencia

Xogo da oca para Educación Primaria que nos permite reflexionar sobre a paz e a non violencia.

 

Estes recursos educativos forman parte dun proxecto financiado por MDSA2030/NextGenUE/PRTR - Orden DSA/1110/2022, de 17 de novembro – Modernización Tercer Sector -Exp.77/22

U50 logo MDSA2030 NGEU 0
 

Primavera de 2024

Pon a túa gota!
Carreiras de solidariedade

Coa chegada da primavera, miles de estudantes mobilizan nas súas escolas e institutos para apoiar o traballo de UNICEF en auga, medio ambiente e emerxencias humanitarias. ¿Queres que a túa comunidade educativa engada as súas gotas?