Abre a porta correcta! 

  • Como educar en actitudes que fomenten o respecto e a non violencia?

  • Xogo para os distintos cursos dos graos formativos de servizos culturais e á comunidade.

 

As portas pechadas e abertas que aparecen no xogo simbolizan as parcelas da intimidade que se poden abrir e as que non, fomentando o respecto cara a un mesmo / unha mesma e cara aos demais como medidas necesarias para acadar relacións baseadas na paz e a non violencia. 
Trátase dunha dinámica vencellada tamén á sensibilización, o impacto que as situacións de violencia ou maltrato poden ocasionar na saúde mental
 

Dereitos da infancia relacionados:

  • Dereito á protección fronte á violencia.
  • Dereito á saúde, incluída a saúde mental.
  • Dereito á igualdade.
  • Dereito á non discriminación.
     
 

Como se xoga?

 

 En cada pantalla, aparecen unha pregunta e varias portas. Só unha desas portas nos conduce á resposta correcta. 
Para poder chegar ao final, os xogadores / as xogadoras deberán superar cinco pantallas.
Este recurso está enfocado a propiciar un debate que leve á reflexión sobre como educar en actitudes que fomenten o respecto e a non violencia cara a un mesmo / unha mesma (o auto respecto) e cara aos demais. Así mesmo, proponse como un xogo cooperativo no que todo o alumnado que forma o grupo-clase tenta atopar as solucións ás preguntas formuladas. 
 

Durante ou despois do xogo

 

Proponse abrir un debate sobre as cuestións que aparecen en cada pantalla. Este debate pode realizarse ao formular a pregunta e valorando cada unha das solucións ofrecidas, ou ao rematar o xogo. 
En calquera caso, é importante que o alumnado reflexione sobre o valor de cada achega, preguntándose como aplicar estes valores nas súas futuras clases; deste xeito, pode contribuír a crear un clima de paz e non violencia arredor seu. 

 


Conceptos clave:

Respecto, auto respecto, asertividade, protección fronte ao abuso e o maltrato, empatía, xestión de emocións, convivencia, paz, non violencia.

Dirixido a: Ciclos formativos de servizos socioculturais e á comunidade.

Edita: UNICEF España, decembro de 2023

Conceptualización  produción: Eduxarxa, SCCL

Tamén dispoñible en:  CAS 

Dispoñible en Genially en:  CAS |   CAT |  EUS |  GAL |  VAL |  ENG

 

Descobre máis recursos interactivos sobre paz e non violencia

Escape room: casa do terror

Escape room: casa do terror

Para saír da casa do terror, María só necesita atopar algúns obxectos clave que lle fagan recordar quen é e que dereito…

Xogo de enigma: Descobre o personaxe misterioso

Xogo de enigma: Descobre o personaxe misterioso

Adiviña quen é o personaxe misterioso usando o menor número de pistas posible. Xogo para Ed. Secundaria

Xogo de rol - Paz e non violencia

Xogo de rol - Paz e non violencia

Neste xogo exponse dúas situacións cun posible conflito no que cada personaxe mostra unha actitude e unha opinión difer…

Xogo de dobres: emocións e fórmulas de cortesía

Xogo de dobres: emocións e fórmulas de cortesía

Xogo para aprender que as fórmulas de cortesía son unha forma respectuosa de relacionarse con quen nos rodean, promoven…

Quiz de actualidade - Paz e non violencia

Quiz de actualidade - Paz e non violencia

Resolvede este quiz no que se presentan preguntas ligadas a algúns feitos violentos da actualidade e coas que deberedes…

Sopa de letras sobre prevención de conflitos

Sopa de letras sobre prevención de conflitos

Resolvede as preguntas relacionadas coa resolución de conflitos e a cultura da non violencia deste xogo.

Xogo: A casa da paz

Xogo: A casa da paz

Xogo para Educación Infantil que nos axuda a identificar contornas de paz cotiás

Xogo: Como se sinte?

Xogo: Como se sinte?

Xogo para aprender a identificar emocións e construír contornas amigables en Educación Infantil

Xogo da oca: paz e non violencia

Xogo da oca: paz e non violencia

Xogo da oca para Educación Primaria que nos permite reflexionar sobre a paz e a non violencia.

 

Estes recursos educativos forman parte dun proxecto financiado por MDSA2030/NextGenUE/PRTR - Orden DSA/1110/2022, de 17 de novembro – Modernización Tercer Sector -Exp.77/22

U50 logo MDSA2030 NGEU 0
 

Primavera de 2024

Pon a túa gota!
Carreiras de solidariedade

Coa chegada da primavera, miles de estudantes mobilizan nas súas escolas e institutos para apoiar o traballo de UNICEF en auga, medio ambiente e emerxencias humanitarias. ¿Queres que a túa comunidade educativa engada as súas gotas?