Xogo de dobres: emocións e fórmulas de cortesía

  • Xogo para aprender que as fórmulas de cortesía son unha forma respectuosa de relacionarse con quen nos rodean, promovendo un ambiente harmónico e de paz

  • Xogo para Educación Infantil.

 

O obxectivo deste xogo, ademais de aprender a identificar as emocións, é validalas e entender que hai moitos xeitos distintos de manifestalas; e tamén comprender que as fórmulas de cortesía son unha maneira respectuosa de relacionarse con quen nos rodea, promovendo un ambiente harmónico e de paz. 

Orientación sobre a etapa educativa


Este xogo está recomendado para alumnado de Educación Infantil.

Dereitos da infancia relacionados:

 

  • Dereito á protección fronte á violencia.
  • Dereito á participación e á liberdade de expresión.
 

Como se xoga?


O xogo (de tipo Dobble) consiste en identificar as dúas imaxes iguais nos dous discos contrapostos e facelo no menor tempo posible. Trátase de imaxes que amosan expresións humanas vencelladas a determinadas emocións e tamén a certas fórmulas de cortesía. As persoas participantes deberán nomear a imaxe repetida cunha palabra que a identifique (poden ser palabras distintas, pero sempre deben facer unha referencia explícita á imaxe en cuestión). Por exemplo: Ledicia!, Tristura!, Ira!, Amor!, Perdón!, Adeus!, Medo!, Ola!, Grazas!, etc.

Podemos proxectar as pantallas do xogo no encerado dixital da aula e xogar con tódolos alumnos / tódalas alumnas á vez.

  • Podemos propoñer un xogo cooperativo: trátase de acertar as imaxes repetidas nas cinco pantallas do xogo no menor tempo posible, algo que se propón facer entre toda a clase
  • Tamén se pode suxerir unha competición individual ou entre equipos para ver quen consegue identificar o maior número posible de elementos iguais. Neste caso, se queremos contabilizar os acertos das persoas participantes, podemos darlles unha ficha ou calquera outro elemento despois do acerto. Ao final, contaremos cantas fichas ten cada alumno/alumna ou grupo e así saberemos quen gañou cada partida

Despois de xogar

 

Á parte dun xogo visual dinámico, aquí formúlanse as bases para iniciar unha charla co grupo a partir das figuras aparecidas e das palabras que foron xurdindo.
Prestamos atención ás palabras que utilizan para definir cada imaxe (aínda que na explicación do xogo lles puidésemos dar algunhas a modo de exemplo).
Proxectando de novo algunhas pantallas do xogo, faremos algunhas preguntas sobre as imaxes que aparecen coa intención de iniciar un pequeno debate ou charla. Para facelo, podemos ter en conta algunhas preguntas como as seguintes:
.

  • Sobre emocións, por exemplo, sinalando a imaxe que remite á tristura (podemos adaptar as preguntas ás outras emocións):
    • Como lle chamastes a esta imaxe? 
    • Por que a chamastes así? 
    • Como soubestes que esta persoa estaba triste? 
    • Se vos mirásedes ao espello cando estades, como sería a vosa cara? Semellaríase a esta? 
    • Que lle puido pasar á persoa da imaxe? 
    • No voso cas, que vos pon tristes? 
    • No voso caso, que vos axuda cando estades tristes? 
    • Que lle diriades á persoa da imaxe? 
    • É bo estar triste? Por que? 

 

  • Sobre fórmulas de cortesía, por exemplo, sinalando a imaxe que se vincula a pedir perdón (podemos adaptar as preguntas ás outras fórmulas de cortesía):
    • Como lle chamastes a esta imaxe? 
    • Por que a chamastes así? 
    • De que outras formas podemos pedir perdón?
    • Cando vos parece que temos que pedir perdón? 
    • De que serve pedir perdón? 
    • Como vos sentides cando vos piden perdón por algo? 
    • Cústavos perdoar? 
    • Por que credes que vos pasa iso? 
       

Conceptos clave:

Convivencia, clima escolar, habilidades sociais, emocións, empatía, paz, non violencia.

Dirixido a: Alumnado de Educación Infantil.

Edita: UNICEF España, decembro de 2023

Conceptualización e produción: Eduxarxa, SCCL

Tamén dispoñible en:  CAS 

Dispoñible en Genially en:  CAS |   CAT |  EUS |  GAL |  VAL |  ENG

 

Descobre máis recursos interactivos sobre paz e non violencia

Escape room: casa do terror

Escape room: casa do terror

Para saír da casa do terror, María só necesita atopar algúns obxectos clave que lle fagan recordar quen é e que dereito…

Xogo de enigma: Descobre o personaxe misterioso

Xogo de enigma: Descobre o personaxe misterioso

Adiviña quen é o personaxe misterioso usando o menor número de pistas posible. Xogo para Ed. Secundaria

Xogo de rol - Paz e non violencia

Xogo de rol - Paz e non violencia

Neste xogo exponse dúas situacións cun posible conflito no que cada personaxe mostra unha actitude e unha opinión difer…

Xogo: Abre a puerta correcta!

Xogo: Abre a puerta correcta!

Como educar en actitudes que fomenten o respeco e a non violencia?

Quiz de actualidade - Paz e non violencia

Quiz de actualidade - Paz e non violencia

Resolvede este quiz no que se presentan preguntas ligadas a algúns feitos violentos da actualidade e coas que deberedes…

Sopa de letras sobre prevención de conflitos

Sopa de letras sobre prevención de conflitos

Resolvede as preguntas relacionadas coa resolución de conflitos e a cultura da non violencia deste xogo.

Xogo: A casa da paz

Xogo: A casa da paz

Xogo para Educación Infantil que nos axuda a identificar contornas de paz cotiás

Xogo: Como se sinte?

Xogo: Como se sinte?

Xogo para aprender a identificar emocións e construír contornas amigables en Educación Infantil

Xogo da oca: paz e non violencia

Xogo da oca: paz e non violencia

Xogo da oca para Educación Primaria que nos permite reflexionar sobre a paz e a non violencia.

 

Estes recursos educativos forman parte dun proxecto financiado por MDSA2030/NextGenUE/PRTR - Orden DSA/1110/2022, de 17 de novembro – Modernización Tercer Sector -Exp.77/22

U50 logo MDSA2030 NGEU 0
 

Primavera de 2024

Pon a túa gota!
Carreiras de solidariedade

Coa chegada da primavera, miles de estudantes mobilizan nas súas escolas e institutos para apoiar o traballo de UNICEF en auga, medio ambiente e emerxencias humanitarias. ¿Queres que a túa comunidade educativa engada as súas gotas?