A casa da paz

  • Xogo para Educación Infantil que nos axuda a identificar contornas de paz cotiás

  • Que elementos serven e cales non para construír un ambiente de paz e tranquilidade?

 

 

Neste xogo, vemos espazos cotiáns nunha casa; a cociña, o dormitorio, o baño e o salón. Estes espazos relaciónanse con costumes que nos levan ao noso benestar diario: a alimentación, o sono, a hixiene, a relaxación e o tempo en familia. Cando algunhas das necesidades e rutinas de coidado básicas que debe cubrir un fogar non se cumpren, medra o risco de tensións, frustración e malestar.

Ademais, para que haxa benestar, é necesario crear un ambiente de paz e non violencia que, en parte, podemos conseguir co coidado da nosa contorna. 

Trátase de aprender a identificar que elementos da contorna inflúen nas nosas emocións e sensación de seguridade, permitíndonos construír un ambiente de paz e tranquilidade.  tranquilidade.  

 

Dereitos da infancia relacionados:

 

  • Dereito ao descanso e ao xogo
  • Dereito á familia
  • Dereito á nutrición 
  • Dereito á auga, ao saneamento e á hixiene
 

Como se xoga?

O xogo facilítanos imaxinar unha casa onde reine a paz, vinculando cada un dos espazos a un dereito concreto que axude a construíla. Por exemplo, a cociña quedaría ligada ao dereito á nutrición. O salón, ao dereito á familia e ao xogo. O dormitorio, ao dereito ao descanso. E o baño, ao dereito a auga, ao saneamento e a hixiene. Se conseguimos promover todos estes dereitos, conseguiremos tamén un ambiente de paz e harmonía.

Para acadar esta “casa da paz”, cada cuarto débese amoblar con obxectos e elementos que axuden a conseguir o dereito vencellado a cada espazo. Por exemplo, unha comida nutritiva axudaranos a promover o dereito á nutrición; pero débense refugar os elementos contrarios a esta idea, que non nos permitan conseguir o dereito desexado e construír un ambiente de paz (por exemplo, xoguetes bélicos ou berros).

Trátase dun xogo baseado no arrastre de figuras, que deben levarse ao espazo correcto. Por exemplo, a froita, á cociña, valorando sempre se ese elemento nos permite construír a paz ou non. Podemos facernos preguntas como "Fainos sentir ben a froita?", "Sérvenos para estar mellor?".  

Dependendo do grupo-clase e dos recursos dispoñibles, podemos realizar a tarefa de arrastrar os obxectos ou delegárllela aos participantes por quendas.

 

Mentres se xoga

Ademais do xogo de arrastre e a construción dun ambiente ideal para fomentar a paz e a non violencia, proponse abrir un pequeno debate co alumnado para falar de cada un dos elementos que aparecen no xogo: 

  • Por que algúns son axeitados para construír un ambiente pacífico e outros non?
  • Que pensa cada participante? 

Por exemplo, conseguir unha boa nutrición (dereito á nutrición) permite sentirse mellor, estar máis san, máis tranquilos e felices. Polo tanto, dende este punto de vista, é máis doado conseguir un ambiente de paz e non violencia.

Se este xogo se desenvolve xunto coas familias é importante reflexionar sobre a importancia que ten o cumprimento dos dereitos fundamentais da infancia na xeración dunha contorna de paz. O incumprimento dos dereitos da infancia é, en si mesmo, un acto de violencia.

 

Conceptos clave:

Convivencia, paz, non violencia, pacifismo, dereitos da infancia, necesidades básicas, hábitos e rutinas, fogar, familia.

Dirixido a: Alumnado de Educación Infantil, familias.

Edita: UNICEF España, decembro de 2023

Conceptualización e produción: Eduxarxa, SCCL

Tamén dispoñible en:  CAS |

Dispoñible en Genially en:  CAT |  CAS |   EUS |  GAL |  VAL |  ENG

 

Descobre máis recursos interactivos sobre paz e non violencia

Escape room: casa do terror

Escape room: casa do terror

Para saír da casa do terror, María só necesita atopar algúns obxectos clave que lle fagan recordar quen é e que dereito…

Xogo de enigma: Descobre o personaxe misterioso

Xogo de enigma: Descobre o personaxe misterioso

Adiviña quen é o personaxe misterioso usando o menor número de pistas posible. Xogo para Ed. Secundaria

Xogo de rol - Paz e non violencia

Xogo de rol - Paz e non violencia

Neste xogo exponse dúas situacións cun posible conflito no que cada personaxe mostra unha actitude e unha opinión difer…

Xogo de dobres: emocións e fórmulas de cortesía

Xogo de dobres: emocións e fórmulas de cortesía

Xogo para aprender que as fórmulas de cortesía son unha forma respectuosa de relacionarse con quen nos rodean, promoven…

Xogo: Abre a puerta correcta!

Xogo: Abre a puerta correcta!

Como educar en actitudes que fomenten o respeco e a non violencia?

Quiz de actualidade - Paz e non violencia

Quiz de actualidade - Paz e non violencia

Resolvede este quiz no que se presentan preguntas ligadas a algúns feitos violentos da actualidade e coas que deberedes…

Sopa de letras sobre prevención de conflitos

Sopa de letras sobre prevención de conflitos

Resolvede as preguntas relacionadas coa resolución de conflitos e a cultura da non violencia deste xogo.

Xogo: Como se sinte?

Xogo: Como se sinte?

Xogo para aprender a identificar emocións e construír contornas amigables en Educación Infantil

Xogo da oca: paz e non violencia

Xogo da oca: paz e non violencia

Xogo da oca para Educación Primaria que nos permite reflexionar sobre a paz e a non violencia.

 

Estes recursos educativos forman parte dun proxecto financiado por MDSA2030/NextGenUE/PRTR - Orden DSA/1110/2022, de 17 de novembro – Modernización Tercer Sector -Exp.77/22

U50 logo MDSA2030 NGEU 0
 

Primavera de 2024

Pon a túa gota!
Carreiras de solidariedade

Coa chegada da primavera, miles de estudantes mobilizan nas súas escolas e institutos para apoiar o traballo de UNICEF en auga, medio ambiente e emerxencias humanitarias. ¿Queres que a túa comunidade educativa engada as súas gotas?