Que facemos?

Todos os dereitos, para todos os nenos, en todo o mundo

A nosa paixón: os dereitos dos nenos

Se hai algo que teñen en común todos os nenos do mundo, sen excepción, son os seus dereitos. Naceran onde naceran, teñan a cor de pel que teñan e sexa cal sexa a súa condición económica ou sexual, todos os nenos do mundo teñen os mesmos dereitos.

Todo o noso traballo móvese arredor desta certeza, que queda reflectida na Convención sobre os Dereitos do Neno, e que é a brúxula, non só do noso día a día, senón de todas as persoas que traballan pola infancia.

A nosa misión é facer que os dereitos dos nenos sexan unha realidade en todos aqueles países nos que traballamos, incluídos os países desenvolvidos. Dereito a unha vida saudable, a unha educación de calidade e a estar protexidos contra todo tipo de abuso e violencia.

En España, a nosa acción concéntrase na incidencia política polos dereitos da infancia, na elaboración de estudos que axuden a comprender mellor a situación da infancia na nosa contorna e na educación en dereitos, e promover un enfoque de dereitos nas nosas aulas e nos centros educativos.

Para mellorar as condicións de vida dos nenos e garantir que os dereitos da infancia se cumpren, centramos as nosas estratexias, programas e accións en:

Os dereitos dos nenos non son algo secundario, nin complementario, son dereitos humanos. A Convención sobre os Dereitos do Neno existe porque é necesario achegar unha protección especial á infancia que non ofrece a Carta de Dereitos Humanos. Hai dereitos dos adultos que non poden aplicarse aos nenos e viceversa.

Os dereitos da infancia son indivisibles, interdependentes e están vinculados uns con outros. 
Cando nun caso concreto existe un conflito de dereitos, un dereito pode antepoñerse a outro á hora de tomar unha decisión. 
Pero isto non implica que haxa dereitos máis importantes ca outros.

Moitas leis de protección da infancia existen precisamente porque os países que ratifican a Convención comprométense a incluílas na súa lexislación e a poñer os medios necesarios para que se cumpran. Ademais, o Comité dos Dereitos do Neno existe para vixiar que os países que subscribiron a Convención a cumpran.

En ningún caso. A Convención sobre os Dereitos do Neno é algo moi serio e supón un recoñecemento do deber de protexer aos menores de idade de inxustizas graves que poden limitar as súas posibilidades de desenvolvemento e que poden causarlles problemas e sufrimento.

O primeiro que todos podemos facer é conocelos e difundilos. Tamén podes informarte sobre como defendelos: que leis protexen aos nenos e que asociacións e organizacións traballan para defender os dereitos da infancia. Ademais, estás a un click de descubrir as diferentes formas nas que podes colaborar co traballo de UNICEF para facer realidade os dereitos da infancia en todo o mundo.