Sueños de bolsillo: Menores migrantes no acompañados en España (Soños de peto: Menores migrantes non acompañados en España)

As migracións son un fenómeno dinámico e cambiante que esixe un coñecemento constante e continuado das súas peculiaridades.

Este informe é o resultado de querer coñecer, analizar e explicar as migracións de menores non acompañados en España.

Esta investigación pretendeu elaborar un estudo de ámbito español e incorporar a diversidade de perfís de menores migrantes non acompañados/as (MMNA), superando así os estudos que se realizaron até o momento centrados nos MMNA de Marrocos.

As comunidades seleccionadas como unidades de observación son catro: Cataluña, País Vasco, Comunidade de Madrid e Comunidade de Valencia, todas elas principais comunidades autónomas obxecto de recepción de MMNA.

A través do estudo destas comunidades preténdese identificar cal é a situación no marco do Estado Español, ademais de dispor das ferramentas analíticas necesarias para unha mellor atención a esa poboación.