Progreso para la Infancia (Progreso para a Infancia)

Esta publicación informa sobre a inmunización, un elemento crave do Obxectivo de Desenvolvemento do Milenio que busca reducir a mortalidade na infancia.

Poucos métodos ofrecen maiores beneficios para a saúde, o benestar e a supervivencia da infancia que a inmunización. O obxectivo deste informe, que forma parte dunha serie na que UNICEF realiza un seguemento dos progresos en favor da infancia conforme se aproxima o ano 2015, é medir os logros mundiais nesta esfera fundamental.

Non é posible pór en dúbida os beneficios da inmunización. É un método demostrado e rendible para reducir a morbilidade, as discapacidades e a mortalidade entre os nenos.

Soamente en 2003 evitou máis de 2 millóns de mortes. A inmunización estimula tamén o desenvolvemento dos sistemas de saúde e representa un investimento económico excelente, que contribúe a unha mellora da saúde e á redución da pobreza.