Myanmar 2008: Informe consolidado de emerxencia

Este informe resume a acción de UNICEF trala catástrofe producida polo ciclón Nargis en Myanmar en maio de 2008.

O 2 de maio de 2008, o ciclón Nargis afectou á rexión do delta do Ayeyarwady en Myanmar. O aumento da marea que provocou, causou unha devastación xeralizada e a perda de moitas vidas nos municipios das terras baixas da parte inferior do delta.

Os fortes ventos e as choivas torrenciais causaron numerosos danos e inundacións nas zonas do interior, incluída a cidade de Yangon. As estatísticas indican que 140.000 persoas poderían morrer, e as avaliacións de Nacións Unidas indican que 2.400.000 persoas resultaron gravemente afectadas e necesitaban axuda humanitaria de emerxencia.

As estimacións revelan que o número de persoas desprazadas polo ciclón podería chegar a 800.000, con aproximadamente 260.000 persoas vivindo en refuxios temporais nas principais cidades durante as primeiras semanas tralo ciclón.