Los niños y niñas de Haití. Un año después: el largo camino del socorro a la recuperación (Os nenos e nenas de Haití. Un ano despois: o longo camiño do socorro á recuperación)

A pesar de que as accións de axuda e reconstrución despregadas polos haitianos e a comunidade internacional foron excepcionais, o proceso de recuperación do país caribeño acaba de comezar, segundo o informe “Os nenos e nenas de Haití. Un ano despois: o longo camiño do socorro á recuperación”, que acaba de lanzar UNICEF con motivo do primeiro aniversario do desastre do 12 de xaneiro de 2010.

Un ano despois de que o devastador terremoto do 12 de xaneiro sacudise as súas fráxiles vidas, os 4 millóns de nenos de Haití continúan a ser vítimas da falta de equidade no acceso aos servizos básicos de auga, saneamento, hixiene, atención sanitaria, educación e protección infantil.