Informe Mundial sobre la violencia contra los niños y las niñas (Informe Mundial sobre a violencia contra os nenos e o nenas)

Este é o primeiro estudo mundial exhaustivo acerca de todas as formas de violencia contra os nenos e nenas. Está baseado no modelo do Estudo sobre o Impacto dos Conflitos Armados nos Nenos, preparado por Graça Machel e presentado á Asemblea Xeral no ano 1996, e segue as liñas do Informe Mundial sobre a Violencia e a Saúde da Organización Mundial da Saúde publicado no ano 2002.

A variedade e o alcance de todas as formas de violencia contra os nenos e nenas apenas comezan a ser visibles na actualidade, así como a evidencia do dano que fan.

Este libro documenta os resultados e recomendacións do proceso do Estudo do Secretario Xeral das Nacións Unidas sobre a Violencia contra os Nenos.

O gran valor deste informe está en que é a primeira análise global sobre a violencia contra nenos e nenas e contén recomendacións para abordar este problema, estudado dende os distintos ámbitos nos que se produce a violencia: na familia, na escola, no traballo, na comunidade, etc.