Informe de Acción Humanitaria 2009 - Revisión a medio ano

Seis meses despois do lanzamento do Informe de Acción Humanitaria 2009, UNICEF lanza esta revisión, que inclúe novos datos e unha adaptación aos desafíos humanitarios máis recentes.

Os primeiros 6 meses de 2009 viron melloras nas situacións de crises de países como Uganda e Costa do Marfil, pero ao mesmo tempo foron testemuñas do empeoramento da situación de moitos outros, como Zimbabue ou Sri Lanka.

Millóns de nenos e mulleres continúan a sufrir as consecuencias de conflitos, desprazamentos de poboación e desastres naturais.A situación de vulnerabilidade de moitas poboacións empeorou por unha combinación de factores asociados a:

  •             O incremento dos prezos do combustible e  os alimentos
  •             A crise económica e financeira
  •             Os cada vez máis evidentes efectos do cambio climático

A principios de 2009 UNICEF facía un chamamento de algo máis de 1 millón de dólares para intervir en crises emerxentes ou crónicas en 36 países de 6 rexións do mundo.

O empeoramento da situación levou a un aumento do 15% nesta cifra.

A revisión a 6 meses do Informe de Acción Humanitaria de UNICEF 2009, detalla as modificacións orzamentarias que se levaron a cabo nos programas de UNICEF en varias crises. Ademais, analiza os cambios que se produciron na primeira metade do ano e as vías de solución que a organización está a pór en marcha nos países nos que centra a súa acción humanitaria.

O informe só está dispoñible en inglés.