A desnutrición infantil. Causas, consecuencias e estratexias para a súa prevención e tratamento

A loita contra a desnutrición infantil é unha das grandes frontes de traballo de UNICEF en todo o mundo. Este documento pretende ser unha ferramenta de traballo que axude a comprender as dimensións da desnutrición infantil no mundo, as súas causas e consecuencias, pero tamén e moi especialmente as liñas básicas de intervención nas que traballamos para loitar contra ela nos contextos máis difíciles.

A día de hoxe no mundo en desenvolvemento case 200 millóns de nenos menores de cinco anos padecen desnutrición crónica. Son nenos que, xa con total seguridade, van ver afectado o seu desenvolvemento físico e intelectual a curto, medio e longo prazo.