Deporte para el Desarrollo y la Paz: hacia el Cumplimiento de los Objetivos de Desarrollo del Milenio (Deporte para o desenvolvemento e a paz: cara ao cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento do milenio)

Este informe analiza en detalle o potencial co que pode contribuír o deporte ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio das Nacións Unidas (ODMs).

Proporciona unha visión xeral do crecente papel que as actividades deportivas están a desempeñar en moitos programas de Nacións Unidas e concreta as leccións aprendidas, ademais de incluir recomendacións dirixidas a potenciar ao máximo e integrar o uso do deporte..

O deporte pode transcender as barreiras que dividen ás sociedades, o que o converte nunha poderosa ferramenta para apoiar a prevención de conflitos e os esforzos para construír a paz, tanto simbólicamente no ámbito global como de forma moi práctica dentro das propias comunidades. Cando se aplican de forma eficaz, os programas deportivos promoven a integración social e fomentan a tolerancia, axudando a reducir as tensións e a xerar diálogo. O poder de convocatoria do deporte convértelo nunha ferramenta convincente para a promoción e a comunicación.