Conclusiones de las Jornadas Infancia y Objetivos del Milenio: Propuestas y retos para la cooperación internacional (Conclusións das Xornadas Infancia e Obxectivos do Milenio: Propostas e retos para a cooperación internacional)

Os días 24 e 25 de marzo de 2010 celebráronse en Madrid as Xornadas Infancia e Obxectivos do Milenio: propostas e retos para a Cooperación Internacional coorganizadas entre UNICEF España, Casa África, Casa Asia e Casa América.

Estas Xornadas teñen o seu antecedente no ano 2004, cando se celebrou en Madrid o Primeriro Congreso Nacional: Investir xuntos na infancia. Este Congreso, organizado por UNICEF, convocou a administracións públicas, ONGs, universidades e outros actores sociais para abrir un debate ao redor dos compromisos fundamentais que garantisen o investimento na infancia como condición para o cumprimento da Axenda do Milenio.