Código ECPAT

[]

UNICEF estima que 150 millóns de nenas e 73 millóns de nenos menores de 18 anos foron forzados a ter relacións sexuais ou foron vítimas doutras formas de violencia e explotación sexual. Isto constitúe unha dos negocios máis rendibles no mundo, colocándose en terceiro lugar despois do comercio de armas e o tráfico de drogas. É un negocio crecente e a miúdo descoñecido, a pesar de que ten un serio impacto na actualidade e continuará afectando ao futuro se non conseguimos detelo.

O Código de Conduta para a protección da infancia fronte á explotación sexual comercial infantil dentro do turismo e a industria das viaxes é un instrumento autorregulatorio que reside naResponsabilidade Social Corporativa e require un alto grao de compromiso e implicación a todos os niveis, directivos e operativos, da compañía. Esixe o desenvolvemento e cumprimentación dun Plan de Acción por parte da empresa que debe integrar accións específicas dentro das esferas de comunicación, formación de empregados e prevención. O Código foi promovido principalmente pola Organización Mundial de Turismo, ECPATInternacional e UNICEF, e actualmente foi subscrito por 1.030 compañías en 42 países diferentes.  

O pasado 16 de Setembro de 2011, 14 empresas españolas líderes do sector turístico asinaron o Código de Conduta para erradicar a explotación sexual comercial infantil e / ou o Código Ético Mundial para o Turismo, no marco do I Congreso Internacional de Ética e Turismo organizado polo Ministerio de Turismo, Comercio e Industria, a Secretaría Xeral de Turismo e Comercio Interior e a Organización Mundial do Turismo.

As empresas españolas que asinaron o CódigoECPAT e / ou Código Ético Mundial para o Turismo no seo deste I Congreso Internacional foron:  

  • AGRUPACIÓN DE CADENAS HOTELERAS DE BALEARES
  • AMADEUS
  • ASHOTEL
  • FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE AGENCIAS DE VIAJES
  • FEDERACIÓN HOTELERA DE MALLORCA (FEHM)
  • GRUPO BARCELÓ
  • GRUPO IBEROSTAR
  • GRUPO LOPESAN – IFA
  • IBERIA
  • LORO PARQUE, S.A. (LORO PARQUE / SIAM PARK)
  • MELIÁ HOTELS INTERNATIONAL
  • NATIONAL ATESA
  • NH HOTELES
  • ORIZONIA


As compañías de turismo e de viaxes que adoptan esteCódigo de Conduta están de acordo en contraer unha responsabilidade social nos destinos turísticos onde operan, e en implementar nas súas actividades os seguintes criterios:  

1. Establecer unha política corporativa ética en contra da explotación sexual dos nenos.
2. Formar o persoal das súas empresas nos países de orixe e nos destinos nos que operan.
3. Introducir unha cláusula nos contratos cos seus provedores na que declaren o seu rexeitamento común á explotación sexual de nenos.
4. Informar os turistas mediante catálogos, trípticos, carteisvideos informativos a bordo, billetes, páxinas 'web' ou do modo que consideren oportuno.
5. Proporcionar información aos axentes locais "clave" en cada destino.
6. Informar anualmente sobre a implementación destes criterios.

Se están interesados en implementar este Código, son benvidos a poñerse en contacto coas organizacións de referencia en España: ECPAT España e UNICEFComité Español. Máis información sobre o código : www.thecode.org   

Tamén te podes dirixir a  [email protected]