1946-2006 1946-2006 Sesenta Años en pro de la Infancia (Sesenta Anos en prol da Infancia)

 

A seguinte análise histórica conmemora o 60 Aniversario de UNICEF e examina a evolución da causa da infancia a nivel mundial dende a Segunda Guerra Mundial.

Explora a contribución de UNICEF sobre o pano de fondo dos rápidos cambios nos asuntos políticos, sociais e económicos que se produciron no mundo e contempla as perspectivas para 2015, ano no que se cumpre o prazo para lograr os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, que poden transformar as vidas de millóns de nenos e nenas.

A supervivencia, a protección e o desenvolvemento da infancia son imperativos universais que forman a base mesma dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, as metas fundamentais para o progreso humano no próximo decenio.

UNICEF loita por lograr que estes obxectivos se convertan en realidade para todos os nenos e nenas. Este informe conmemorativo subliña o labor da organización durante o últimas seis décadas os seus triunfos e as súas loitas nun mundo que se atopa sometido a un cambio constante. Extracto do Prólogo por Ann M. Veneman.