Uns 2,8 millóns de nenos menores de cinco anos morren ao ano por causas relacionadas coa desnutrición

No Día Mundial da Alimentación, UNICEF España recorda que non se está a garantir o dereito a unha alimentación axeitada para todos os nenos e nenas. En Sudán del Sur, 50.000 niños pueden morir este año si no reciben tratamiento urgente contra la desnutrición.

Nas últimas décadas, o mundo logrou importantes avances na redución da mortalidade infantil. Non obstante, aínda morren uns 2,8 millóns de nenos ao ano por causas que teñen que ver coa desnutrición. Por este motivo, UNICEF Comité Español, coincidindo co Día Mundial da Alimentación, recorda que hai que seguir traballando para salvar as vidas destes nenos, cuxa morte se pode evitar garantido unha nutrición axeitada e suficiente e tratamento contra a desnutrición cando sexa necesario.

O acceso á nutrición é unha das prioridades deUNICEF, tanto nos seus programas a longo prazo como na acción en emerxencias. Os seus programas neste ámbito poñen o foco de atención no embarazo e os primeiros dous anos de vida, fomentando medidas como a lactación materna, xa que os nenos alimentados desta forma nos seus seis primeiros meses teñen ata catorce veces máis probabilidades de sobrevivir. Ademais, realízanse actividades de educación nutricional dirixidas a familias e comunidades, así como de apoio aos gobernos na elaboración de políticas, estratexias e alianzas que aseguren unha nutrición axeitada para os nenos e, polo tanto, a súa supervivencia, crecemento e desenvolvemento. En 2013, UNICEF proporcionou alimento terapéutico contra a desnutrición aguda grave a 2,4 millóns de nenos en situacións de emerxencia. Unha das máis graves crises nutricionais nas que UNICEF traballa nestes momentos é a de Sudán do Sur, onde 50.000 nenos están risco de morrer este ano se non reciben tratamento terapéutico urxente. O país máis novo do mundo xa contaba con elevadas taxas de desnutrición e unhas infraestruturas extremadamente pobres antes de que estalase o conflito en decembro do pasado ano. A situación actual empeorou considerablemente as prácticas de alimentación das familias desprazadas e 1 de cada 3 nenos non sabe cando será a súa próxima comida. Por outro lado, a falta de auga potable e un saneamento adecuado, xunto coas recentes inundacións no país, contribuíron a que aumenten as enfermidades transmisibles pola auga. A diarrea reduce a absorción de micronutrientes, o que fai que os nenos sexan aínda máis vulnerables á desnutrición. A isto únese que nas zonas máis afectadas polo conflito o acceso aos servizos de saúde está a ser limitado. Por este motivo, UNICEF traballa nesta emerxencia para identificar e tratar a desnutrición aguda antes de que sexa tarde. Dende abril pasado, UNICEF chegou a máis de 57.000 nenos menores de cinco anos con tratamento para a desnutrición aguda grave e prognostica que, coa continua ampliación das súas accións, poderá alcanzar a 120.000 nenos a finais deste ano. En total, máis de 340.000 nenos foron inscritos en programas de alimentación suplementaria. Ademais, UNICEFdistribuíu 10,5 millóns de sobres de alimento terapéutico para o tratamento da desnutrición aguda grave.

En Sudán do Sur e noutros países, a desnutrición crónica frea o desenvolvemento da infancia. A desnutrición crónica afecta nestes momentos a 162 millóns de nenos en todo o mundo, que sufrirán importantes consecuencias se non se actúa rápido. Sen unha determinada cantidade e calidade de nutrientes non se poden asegurar as condicións de vida necesarias para que os nenos se desenvolvan de forma saudable. Un neno que non recibe a alimentación axeitada, terá máis dificultades no seu proceso formativo, o que dificultará o seu desenvolvemento futuro.

Más información:

Raquel Fernández

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]